Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Deputación de Ourense edita o primeiro estudo científico e etnográfico sobre o polbo e os polbeiros tradicionais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que este traballo “é unha completa obra sobre un tema de gran importancia gastronómica, cultural e etnográfica para a provincia de Ourense, como é o polbo e as polbeiras, tanto pola súa singularidade –enmarcada na comarca do Carballiño e na única provincia galega que non ten mar-, e polo feito de ser un libro realizado por unha das máximas autoridades antropolóxicas de Galicia como foi Fidalgo Santamariña, herdeiro da traxectoria intelectual de Xaquín Lorenzo”.

Trátase dun minucioso estudo, froito de máis de 25 anos de investigación do autor sobre o tema do polbo en toda a súa dimensión, que vai desde a morfoloxía e bioloxía do animal; as artes de pesca; a súa almacenaxe, transporte e distribución, e a súa preparación e venda nas feiras e festas.

Fidalgo Santamariña fai, ademais, unha referencia especial ao oficio dos polbeiros, estudando en profundidade as de Santa María e San Xoán de Arcos, e as doutras parroquias lindeiras co municipio do Carballiño, terras nas que se atopa a orixe desta actividade. “A obra constitúe un valioso traballo de campo no que o autor se achega ás xentes e ao oficio, tendo en conta a todos os actores do proceso, e co que a Deputación de Ourense conmemora os 50 anos dunha das principais festas da provincia, a Festa do Polbo do Carballiño, e ademais réndelle homenaxe a Fidalgo Santamariña, traballador incansable da cultura e das tradicións de Ourense, quen merece todo o noso recoñecemento”, dixo Manuel Baltar.

No acto de presentación estivo presente a viúva do autor, Maribel Vázquez, quen agradeceu que este traballo vise á luz “coa calidade e o cariño que todos os implicados neste proxecto puxeron nel”; o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e a responsable de Publicacións da Deputación de Ourense, Ana Malingre.

Os asistentes á presentación coincidiron en destacar a singularidade de que nunha provincia do interior un produto do mar sexa unha referencia constante nas festas e na gastronomía: o “polbo á feira”, que constitúe un prato de recoñecido prestixio dentro da arte culinaria ourensá. Por ese motivo, esta publicación resulta de sumo interese para a institución ourensá, que ten entre os seus obxectivos potenciar e difundir o propio e característico da nosa provincia.
Deputación de Ourense

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información