A Xunta convoca un ano máis os Premios da Cultura Galega 2012
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de facer pública a convocatoria dos Premios da Cultura Galega para o ano 2012, cos que se recoñece o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, as artes plásticas, as artes escénicas, as iniciativas a prol do patrimonio cultural, a promoción cultural de Galicia, a música e a creación audiovisual.
No caso das tres primeiras modalidades, valoraranse os méritos especiais no que atinxe ao desenvolvemento de recursos expresivos, investigación de linguaxes propias, innovación no plano creativo, creacións de código de intercambio con outras sociedades e outros aspectos que contribúan a fortalecer e ampliar o sistema literario galego, a creación plástica galega e as artes escénicas da nosa terra –respectivamente–, e a súa imaxe pública.
Na modalidade de Patrimonio Cultural, por outra banda, terase en conta a traxectoria vinculada á protección, conservación e difusión da nosa riqueza cultural. Para iso terase en conta o labor realizado en calquera eido, propostas que se teñas feito públicas, aínda que non teñan chegado a desenvolverse.
No caso do Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia, o xurado terá en conta as candidaturas de persoas ou entidades con traxectoria vinculada á expansión cultural da comunidade e á súa promoción fóra dela; con especial atención á súa achega para reforzar a imaxe de Galicia como comunidade de inmensa riqueza patrimonial.
Por outra banda, as modalidades de Música e de Creación Audiovisual recoñecerán o labor de persoas ou entidades que teñan contribuído a reforzar a imaxe destas artes como creadoras dunha linguaxe galega de calidade, con personalidade propia e capacidade para se integrar nos escenarios internacionais. Así mesmo, valorarase o labor realizado para a consolidación e expansión, dentro e fóra de Galicia, da música e da creación audiovisual, respectivamente.
Candidaturas
As candidaturas poderán ser presentadas po institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, aínda que os candidatos non poderán postularse a si mesmos. En cada unha das modalidade concederase un único premio, que consistirá nunha escultura conmemorativa realizada polo prestixioso escultor ourensán Xosé Cid, e nun diploma acreditativo.
Cos Premios da Cultura Galega a Consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad quere dar proxección pública ao traballo desenvolvido por entidades e persoas que contribúen co seu labor ao enriquecemento das nosas artes e patrimonio cultural.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia