Notas
-
Cunha dobre función por parte da compañía Tanxariña, o espectáculo Trogloditas pon o punto e final ao programa de actividades de Nadal da Xunta de Galicia no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Actores e monicreques recrean a vida nas cavernas.
-
No Centro Sociocultural de Paradela (Lugo) tivo lugar o acto de entrega de premios da XVII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López coa participación da familia, dos membros do xurado e dos premiados.
-
“Cantámosche os Reis” é a segunda iniciativa posta en marcha no programa “Nadal en Rede”, que ten como obxectivo dinamizar a lingua galega durante a festividade do Nadal. Os obradoiros, impartidos polos músicos Pablo Díaz e Olga Kirk, arrancan en Mesía e en Ribadavia. Con "Lingua de Reis" Melchor, Gaspar e Baltasar falaron en galego.
-
O 28 de decembro, ás 21.30 horas, na Casa da Cultura de Meira, o humorista e actor galego Carlos Blanco presenta o seu espectáculo dentro das actividades programadas para o Nadal 2012 pola asociación cultural Eme de Meira.
-
A obra “Para que nos serve Galiza?”, do politólogo, consultor, investigador e experto en planificación da lingua e aplicación de políticas lingüísticas no ámbito local, Xaime Subiela, ven de gañar o XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio promovido pola Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.
-
A montaxe, realizada con marionetas de fíos e actores celebra 25 anos de representacións, e agora enmárcase na programación de Nadal 2012. O Salón Teatro tamén acolle o espectáculo musical María Fumaça, o xoves 27, e a montaxe Trogloditas, o domingo día 30 de decembro.
-
A compañía pública estrea o sábado 22 de decembro en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) "Quebranoces": a súa primeira versión de ballet clásico sobre a creación de Tchaikovski e Petipa. O espectáculo incorpora elementos icónicos do imaxinario popular galego na súa escenografía e vestiario.
-
El periodista y escritor gallego estuvo acompañado por numerosos amigos entre ellos, Carmen Alborch, José Barrionuevo, Luis Mª Ansón, Mariluz Barreiros...
-
Ata o sábado 15 de decembro, algunhas das principais voces expertas nas diferentes facetas de Paz-Andrade analizan a vida e a obra do escritor e empresario homenaxeado nas Letras Galegas 2012. A Xunta e a Real Academia Galega (RAG) colaboran neste evento.
-
Cultura e Educación prepara o Nadal cunha ampla oferta de actividades de lecer para todos os públicos nas bibliotecas nodais de Galicia. Contacontos, monicreques e obradoiros, protagonistas da programación nadaleira. A oferta está prevista para todo tipo de públicos, desde os máis infantís ata os adultos.