Notas
-
O ciclo, que se desenvolve do 17 ao 30 de abril no Pazo da Cultura carballés, conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O público poderá gozar dos espectáculos das compañías galegas As Dríadas’ Entremáns, Pisando Ovos e Colectivo Fume, ademais da catalá Roser López Espinosa.
-
Trátase dunha iniciativa solidaria xa que os beneficios obtidos coa súa venta durante o primeiro ano destinaranse ao albergue do Convento de San Francisco e a Cáritas. Esta figura, súmase a outras grandes obras relacionadas co Santo de Asís realizadas con motivo desta conmemoración do Oitavo Centenario da súa peregrinación a Santiago de Compostela.
-
Logo da participación na feira de Boloña, con actividades de ilustradores da AGPI no stand de Galicia, o sector editorial galego estará representado nas citas de Bos Aires, Frankfurt e Guadalaxara. Galicia conta cun stand propio nas principais feiras internacionais do sector para favorecer o contacto dos profesionais galegos cos homólogos doutros países.
-
A compañía teatral BocAberta estrea A Tropa Trapalleira (Pequena trapallada e algunha que outra batalla) o venres 10 de abril ás 18:30 h. na Casa da Cultura do Milladoiro (Ames).
-
A mostra "53 páxinas das nosas letras" pódese visitar na capital arxentina ata o 3 de maio, na Sala Luís Seoane do Centro Galicia de Bos Aires. “Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio” é o tema central do XI Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) na Arxentina.
-
A AELG xa escolleu os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, respectivamente.
-
O Premio Trapeiro de Honra 2014, concedido polo proxecto Os Vilas, lareira de soños a Xosé María Díaz Castro a título honorífico no ano no que se lle adicados as letras galegas, será entregado polo vilarego José Luís López, Luís de Patricio ao presidente da A.C.Xermolos de Guitiriz.
-
O Refectorio, ao non poderse facer fóra polas condicións meteorolóxicas, acolleu a lectura do Manifesto Galego escrito por Xurxo Borrazás e lido por Tareixa Campo, así como dúas representacións, a cargo de Natalia Fernández e o alumnado de 4º Ciclo da USC que dirixe Paloma Lugilde.
-
O Tribunal Supremo ven de desestimar o recurso interposto pola Real Academia Galega (RAG) contra o decreto de plurilingüismo da Xunta de Galicia. O Executivo galego amosa a súa satisfacción por esta decisión que xa fora previamente avalada polo TSXG.
-
Presentouno o secretario xeral de Política Lingüística acompañado polo presidente da RAG. Baixo o título ‘Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990)’, o novo caderno segue o ronsel do xénero epistolar para dar conta da amizade persoal e da relación profesional dos dous intelectuais galegos.