Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Carlos Velo contará a partir de 2016 un espazo singular no Festival de Cine de Ourense

O cineasta galego Carlos Velo (Cartelle, 1909 – México, 1988) contará a partir de 2016 cunha sección fixa dedicada á súa obra e figura no Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). O novo espazo –presentado en rolda de prensa polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte; pola concelleira de Cultura de Ourense, Belén Iglesias, e por Laura Gardos, neta do cineasta– contará cunha programación propia no marco do festival, que se prolongará noutros puntos da provincia de Ourense, con actividades en Cartelle, Celanova e O Carballiño, municipios vinculados á traxectoria vital de Velo.

Aínda que a programación coa que se porá en marcha a sección, coincidindo coa vixésima primeira edición do festival, se atopa en proceso de definición, o secretario xeral de Cultura informou de que está previsto que as actividades xiren arredor de ‘Torero’, película dirixida polo cineasta no ano 1956 en México, país no que se exiliou e onde desenvolveu boa parte da súa carreira profesional.

Na rolda de prensa, celebrada no Centro Cultural Ángel Valente, a alcaldesa de Cartelle anunciou tamén a próxima constitución da Fundación Carlos Velo, unha iniciativa que nace co obxectivo de contribuír a perpetuar a memoria do cineasta e que contará coa implicación de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa figura de Velo, xunto co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

Finalmente, Anxo Lorenzo tamén lembrou que actualmente se pode visitar na Cidade da Cultura de Galicia unha exposición sobre outro ourensán universal, o fotógrafo alaricano José Suárez, representante dunha xeración de intelectuais que se converteron en figuras sobranceiras da historia da imaxe e do audiovisual galego.

Promovido polo Concello de Ourense coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras entidades, o OUFF arrancou o pasado sábado 15 de novembro a programación da súa vixésimo edición coa estrea europea de ‘Lobos sucios’, do director coruñés Simón Casal.

Ademais, a Agadic tamén contribúe á programación desta vixésima edición do festival co I Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal Galicia, co lanzamento do novo catálogo ‘Films from Galicia’ e coa presentación dun avance da nova edición de ‘Cinemas de Galicia’, tres actividades especificamente dirixidas á promoción do audiovisual galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información