Notas
-
Permanent vacation abre o ciclo dedicado ao cineasta estadounidense, que terá a súa continuación á volta do Nadal. Extraños en el paraíso, Bajo el peso de la ley e Mystery Train exhibiranse tamén nesta primeira quenda, mentres que en xaneiro poderán verse Noche en la tierra, Dead man e Gimme Danger.
-
Persoal investigador das tres universidades galegas e de catro irlandesas así como poetas e artistas dos dous países danse cita o xoves 15 de decembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela no Seminario Internacional Eco-Ficcións para presentar as achegas máis recentes da ecocrítica e as humanidades medio ambientais.
-
Os actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán (1866-2016) organizados pola Cátedra Valle-Inclán da USC clausuraranse este venres 16 con dous actos, ambos adscritos ao ciclo de conferencias e á exposición Valle-Inclán, xenio e figura, que pode visitarse no Colexio de Fonseca ata o 16 de decembro.
-
O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, entidade promotora do Belén Electrónico begontino, ven de convocar, co patrocinio de Abanca, a XLI edición do Certame nacional de Poesía sobre o Nadal, co fin de potenciar o espirito do Nadal, e que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte.
-
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o seu proxecto de Campus da Cidadanía, no que se integran as diferentes áreas de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, as Artes e as Humanidades nos campus universitarios de Compostela e Lugo. O proxecto impúlsase baixo o lema: A utopía no horizonte da cidadanía.
-
O certame, presentado este xoves, celebrarase do 14 ao 16 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación. Comezou coa proxección do documental Cesteando, a cargo do seu director Plácido Romero e do protagonista Toño de Val, que narra a poética e orixinal reflexión da liberdade persoal coa historia de vida dun cesteiro de Lobeira.
-
O galardoado Carles Alfaro dirixiu a versión galega do clásico de Molière que chega a Ourense co CDG. Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres conforman o elenco do espectáculo, que reflexiona, desde a comedia, sobre a impostura e a manipulación.
-
As coreografías de Iker Gómez e Kenneth Tindall acompáñanse de proxeccións de imaxes nesta recreación en clave contemporánea da composición de Vivaldi, que pode verse no Salón Teatro ata o sábado 3 de decembro. Mercedes Suárez dirixiu esta produción propia do CCG, que establece un paralelismo coa riqueza da paisaxe galega nas distintas épocas do ano.
-
O caricaturista do xornal La Vanguardia Jaume Capdevila -Kap- ofrece o xoves 1 de decembro, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, un relatorio baixo o título O esperpento gráfico, breve historia da caricatura con Valle-Inclán ao fondo, nas actividades da exposición sobre o escritor.
-
O encontro reúne a máis de trinta relatores do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago para debater aspectos como a edición, a crítica, o texto fronte a ‘performance’, o teatro infantil, o papel da muller e as novas tendencias. A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición mantense aberto ata o día 6 de decembro.