Notas
-
O catedrático Adolfo Sotelo Vázquez, comisario da exposición coa que a Cidade da Cultura conmemora o centenario do Nobel, aborda a personalidade poliédrica do escritor de orixe galega no marco da exposición “CJC 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade”, que acolle o Museo Centro Gaiás ata o 19 de febreiro.
-
Máis de 60 investigadores de todo o mundo daranse cita entre os días 1 e 3 de febreiro en Santiago para tratar a relevancia social e literaria que adquiriron as mulleres, especialmente a partir do século XII. Estudaranse voces femininas relevantes como Marie de France ou Christine de Pizan e presentaranse recursos dixitais das voces de mulleres na Idade Media, tanto desde o punto de vista histórico como literario.
-
A campaña pretende ser unha forma de que esta entidade poida seguir aumentando a súa cifra de persoas asociadas, tendo como elemento central da mesma a figura das persoas que conforman a base social do Museo. A entidade entende que os seus socios e socias son parte do sostén económico e social e tamén testemuña da participación da sociedade no Museo.
-
Os encontros cos finalistas, as proxeccións dos traballos gañadores e candidatos e a colaboración con outras academias do resto do Estado reforzan a gala como accións de recoñecemento da industria galega do cinema e da televisión. Agadic colabora coa Academia Galega do Audiovisual nos 15ª Premios Mestre Mateo.
-
Un total de 83 espazos acolleron a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo e a Rede Galega de Salas, cun incremento de actividade próximo ao 10 por cento respecto ao ano anterior. A nova carteleira semestral destes tres circuítos arranca o día 12 de xaneiro de 2017, según confirma Agadic.
-
O xurado do XXVII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán decide conceder o primeiro premio a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño (A Coruña), pola obra “Baixamar”. Concedéronse tamén tres mencións de honra a outras tantas obras pola súa calidade.
-
O Belén de Begonte pon en marcha unha nova web: www.belendebegonte.es, coa historia e actividades dos seus 44 anos nun traballo compilatorio "inxente" de máis de 10.000 documentos. O delegado territorial, José Manuel Balseiro recibe a exposición das obras do XXVII Certame galego de arte “José Domínguez Guizán”.
-
Un total de 40 curtametraxes, dirixidas a rapaces de entre 5 e 12 anos, proxectaranse de forma gratuíta no Museo Centro Gaiás. O público poderá valorar cada unha das curtas visionadas, outorgando un premio ás historias con máis votos. Tamén haberá obradoiros formativos para descubrir o funcionamento do cine de animación.
-
Victoria Pérez e Manu Fernández interpretan este espectáculo que adapta a novela de Érica Esmorís. O Centro Dramático Galego pecha a carteleira do seu escenario para 2016 co programa "Gran teatro para os máis pequenos", que terá continuidade en xaneiro con Elefante Elegante e un taller sobre construción de monicreques para nenos e nenas.
-
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, destacou a vinculación da autora con Galicia, tanto polas súas orixes, como pola trama da novela, ambientada na Ribeira Sacra. A novela de Dolores Redondo reflicte a esencia da Ribeira Sacra, un espazo no que se sintetizan natureza, paisaxe, arte e traballo na terra.