Rematan na USC os actos conmemorativos do 150º aniversario de Valle-Inclán
A primeira das actividades será a mesa redonda ‘Traducir a Valle-Inclán’ na que, ás 12.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, intervirán os tradutores e especialistas na obra do escritor galego Dianella Gambini, da Universitá per Stranieri di Perugia; Bruce Swansey, do Trinity College de Dublín; e Dolors Sabaté Planes, da USC.Xa ás 19.00 horas no Salón Nobre de Fonseca terá lugar a conferencia de clausura ‘Retratos e caricaturas de Valle-Inclán: alegorías de si mesmo’, impartida polo profesor da USC José Manuel López Vázquez. A continuación haberá unha visita guiada ás tres seccións da exposición ‘ Valle-Inclán, xenio e figura’.
Os actos do 150 aniversario contaron co patrocinio da Universidade de Santiago, a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega e a colaboración da Facultade de Filoloxía e da súa biblioteca, da Biblioteca Xeral da USC, da Fundación da Cidade da Cultura e do CAFI.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)


