Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura celebra o 14 e 15 de xaneiro o festival infantil de curtas Pequefilmes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o 14 e 15 de xaneiro de 2017 na Cidade da Cultura, o festival infantil de curtas ‘Pequefilmes’, dirixido a rapaces de entre 5 e 12 anos. Un total de 40 curtametraxes proxectaranse durante estes dous días no Museo Centro Gaiás, no que tamén se levarán a cabo unha serie de obradoiros formativos cos que os cativos descubrirán de primeira man o funcionamento do cine de animación.

‘Pequefilmes’ preséntase como un mini-festival de cine para os máis pequenos, que contará cun total de 40 proxeccións destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos, co obxectivo de que cada grupo de público teña unha proposta axeitada a súa idade, intereses e gustos. As curtas seleccionadas ofrecen unha pluralidade de temas, puntos de vista e historias, incidindo en numerosos aspectos sociais e éticos sen perder de vista nunca o divertimento.

Procedentes de todas as partes do mundo, o cartel deste mini-festival conta con curtas recoñecidas nos máis prestixiosos festivais como a noruega ‘Me and my Moulton’, nominada aos Oscar 2015; ‘Juan y la Nube’, Goya á Mellor Curta Animada; ‘The empty’, Gran Premio en Hiroshima e Seúl; ‘Trial & Error’, Platinum Remi Award no World Fest de Houston; ou ‘Pawo’, Mellor Película Infantil en Brasilia Animation Festival 2015. Ademais, o festival contará con varias curtas realizadas e producidas en Galicia.

Curtas internacionais con múltiples recoñecementos

Tras o visionado das curtas, o público poderá, ademais, valorar o filme, de xeito que ao final do festival se concederá un premio ás curtas que máis gustaron. Deste xeito, ‘Pequefilmes’ pode supoñer unha primeira experiencia como espectador de cine crítico e curioso, que xere afección de cara ao futuro.

As proxeccións do ‘Pequefilmes’ terán lugar de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 horas o sábado 14 de xaneiro e de 11:00 a 13:30 o domingo, 15 de xaneiro. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.

Xunto ás proxeccións, ‘Pequefilmes’ ofrece un total de catro obradoiros formativos cos que os cativos poderán descubrir o funcionamento do cine dunha forma lúdida e práctica ao mesmo tempo.

Son os obradoiros de Stop Motion en Cartolina, o de Mesa de Luz, o de Stop Motion en Plastilina e outro de Sonorización. Os obradoiros terán lugar en varias horas ao longo da fin de semana para facilitar a participación de máis nenos, que deberán ir acompañados dun adulto.

Os obradoiros teñen unha entrada de 3€ cada un (4€ en billeteira), que xa están á venda no Museo Centro Gaiás, ataquilla.com (+gastos de Xestión) e nos puntos de venda físicos de Ataquilla. Os obradoiros contan con descontos e promocións especiais que poden consultarse en cidadedacultura.gal.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información