Notas
-
Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta compoñen o elenco da nova produción propia do CDG. O espectáculo estréase o 20 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela e leva a escena por primeira vez en galego as pezas de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.
-
Impulsado polo Institut Français e coordinado en España pola asociación A Bao A Qu, a Filmoteca de Galicia forma parte como institución pioneira nesta rede que xa se aplica en sete centros educativos galegos. A presentación tivo lugar en Madrid con alumnado e os cineastas Jonás Trueba e José Luis Guerín.
-
O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, comeza o xoves 2 de marzo, a partir das 20.45 horas. O obxectivo desta iniciativa é afondar no coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada pola xacemento.
-
O certame premiou este ano a 117 escolares na fase local, na que cada biblioteca recoñece os mellores traballos presentados e remíteos para competir na fase final que se dirime na biblioteca provincial de Lugo.
-
As composicións son textos de Cantares gallegos musicados por 2naFronteira e poemas adicados por outros autores a Rosalía, como Otero Pedrayo ou mesmo García Lorca. Levan anos versionando poemas que dalgunha maneira representan a Rosalía de Castro, como o concerto no Parlamento de Galicia ou na casa da poetisa.
-
Se presentaron estas piezas audiovisuales, basadas en la obra del mismo nombre de Pedro de Llano. Anxo Lorenzo destacó “la labor llevada a cabo por el autor del libro y por el ilustre etnógrafo Xocas, gracias al que tenemos hoy una documentación y narración exhaustiva de como fueron a lo largo del tiempo nuestras edificaciones”.
-
Cultura edita na colección Cardenos Ramón Piñeiro o novo volume ‘Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo’, que se presenta o mércores 22 de febreiro na biblioteca do CGAC. O caricaturista ferrolán analiza o libro ‘O Quixote’ desde unha perspectiva inédita nos estudos desta obra, que considera fundacional dunha nova forma de humor na literatura universal.
-
María Barcala interpreta ‘Helena: Xuízo a unha lurpia’, dirixida por Xúlio Lago a partir da obra de Miguel del Arco traducida ao galego por Inma López Silva. O espectáculo pode verse do xoves 23 ao domingo 26 de febreiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
-
O proxecto ‘[Ex]posicións críticas. Discursos críticos na arte española, 1975-1995’ pon de manifesto a aparición de diferentes liñas interpretativas no ámbito artístico durante esas dúas décadas. Celebrouse a primeira sesión de ‘Tentativas críticas’, un ciclo de debates do panorama artístico actual que complementa o proxecto.
-
O Concello e El Patito Editorial colaboran nunha homenaxe a Rosalía de Castro e a Fran Pérez, Narf, que se celebra o día 21 de febreiro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos. O acto foi presentado nunha rolda de prensa na que participaron a tenente de alcalde, María Rozas, e os ilustradores Fausto Isorna e Xurxo Alonso.