Notas
-
A iniciativa reúne o 2 de xuño en Mondoñedo a rapaces e rapazas dos conservatorios profesionais de música de Galicia, que cantarán os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño para poñer en valor a poesía e a música na transmisión da cultura e da lingua, e recoñecer o esforzo do alumnado de música.
-
A compañía de Teatro Voadora representa a súa versión do Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, dentro do ciclo Teatro & Danza da Concellaría de Acción Cultural. Con dirección de Marta Pazos, faise unha versión libre que afonda en temas profundos e actuais como a revolución feminista ou a realidade de xénero, en clave poética, divertida e musical.
-
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais e o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia asinaron un convenio para o programa de actividades vinculadas á 21ª edición dos galardóns. O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a cerimonia de entrega na que se coñecerán os gañadores nas 14 categorías convocadas, ás que se presentaron 44 espectáculos e arredor de 400 profesionais.
-
O secretario xeral de Política Lingüística presentou a nova proposta que chegará da man de Galaxia a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A iniciativa réndelle tributo a Carlos Casares cunha adaptación teatral da coñecida obra do autor ao que se lle dedican as Letras Galegas 2017. Representarase o venres 10 de marzo en Foz e o sábado día 11 en Mondoñedo.
-
Celebrarase do 10 ao 12 de marzo no marco do Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo, e acollerá a estrea do traballo ‘Bailarina hipnótica’, de Begoña Cuquejo, baseado nunha peza da coreógrafa Sonia Gómez. Tamén contará cos traballos de Masu Fajardo e de Celeste González.
-
O galardón recoñece a traxectoria do dramaturgo e director teatral, primeiro director do Centro Dramático Galego e fundador, xunto a Luma Gómez, da compañía Teatro do Noroeste, que neste 2017 vén de cumprir 30 anos de traxectoria.
-
A conferencia programada polo CDG e a ESAD na biblioteca do Salón Teatro de Compostela o martes 14 de marzo correrá a cargo do profesor belga Jerôme Maeckelbergh, deseñador de escenografía en máis de 50 producións teatrais, premio Europa Nostra 2014 e recoñecido divulgador do patrimonio escenográfico teatral.
-
O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do fondo documental histórico do Banco Gallego ao Arquivo de Galicia por parte da Fundación Banco Sabadell, e destacou o valor histórico dos máis de 600 libros. Entre os exemplares custodiados figuran todo tipo de documentación de bolsa, de factura, de billetes, de caixa ou de negociados.
-
Este primer volumen, que inicia una colección, ha sido coordinado por Afonso Eiré e incluye las biografías de Prisciliano, Gelmírez, Cristóbal Colón, Simón Bolivar y Fidel Castro analizadas por varios autores desde una innovadora perspectiva.. Una publicación que tiene como objetivo demostrar la vinculación que con Galicia han tenido episodios y personajes de la Historia Universal.
-
O xurado premiou os traballos Carlos Casares, un escritor desta Galaxia e Carlos Casares Mouriño, o coleccionista de historias que estes centros presentaron nas categorías de infantil e primaria e mais de ESO, bacharelato, FP e restantes centros de ensinanzas especiais.