A mostra Flor Novoneyra ofrece unha viaxe no tempo da Galicia segura de si mesma e orgullosa das súas raíces
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a mostra Flor Novoneyra como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma, orgullosa das súas raíces pero aberta a todas as influencias; “unha Galicia que explora outras culturas coa vontade de aprender e enriquecerse, capaz de sintetizarse despois en obras que esperan sentimentos universais, recoñecibles en calquera lugar do mundo, pero ao mesmo tempo nitidamente galegos”, explicou.Durante o acto de inauguración, Feijóo afirmou que, ademais da beleza extraordinaria das máis de 100 pinturas de Lamazares e os 50 caligramas, gravados e debuxos de Novoneyra, hai unha lección indiscutible de que a mestura de manifestacións culturais ou de épocas é un proceso que sempre suma, que acumula e non exclúe.
O responsable do Goberno galego concluíu lembrando que tanto Novoneyra como Lamazares son representantes da mellor faceta da nosa cultura: a convicción de que un artista ten sempre un selo propio pero sempre transferible aos que han de vir, recuperable e aproveitable por todos en todas as épocas. “Contemplamos aquí unha viaxe no tempo, que contribúe á inmortalidade de Novoneyra, á inmortalidade de Lamazares e á inmortalidade de Galicia”, concluíu.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia


