Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Regresa o Ciclo de Cine e Lingua da UVigo cunha edición centrada en películas dirixidas por mulleres
    Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario, ao trasladarse esta activdade do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés. Deste xeito, e da man do Vicerreitoría de Extensión Universitaria, ao longo dos meses de novembro e decembro o edificio Redeiras acollerá as proxeccións de cinco películas en versión orixinal con subtítulos en español.
  • Unha exposición explora o uso de material de refugallo na creación artística
    Reliquias é o título da nova exposición que ata o 16 de novembro pode visitarse no Abrigo, a antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes da UVigo, reconvertida o pasado curso nun espazo para a organización de exposición ou talleres. Co alumno de doutoramento José Eiras como comisario, esta mostra reúne as creacións dos tamén estudantes de doutoramento da facultade Álex Fuertes e Julio Catalán.
  • A Sala Alterarte abre unha nova etapa coa coordinación de Javier Blanco e o proxecto Reciprodicidade
    A Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, arrancou este curso académico cun novo coordinador, Javier Blanco Sierra, e un novo proxecto expositivo chamado Reciprodicidade. Con eles intentarase buscar unha maior relación deste espazo coa cidade e afondarase no seu carácter didáctico.
  • O CORNO, de Jaione Camborda, supera xa os 50 mil espectadores
    O CORNO, a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, conseguiu superar os 50 mil espectadores na súa terceira semana en cines. Trátase tamén da película española gañadora da Cuncha de Ouro con maior recaudación en salas desde “Os luns ao sol”, de Fernando León de Aranoa, rodada en Vigo e estreada en 2002. O filme, que se estreou o 11 de outubro en versión orixinal galega en toda España, continúa esta semana en 45 salas de cine.
  • Conferencia sobre 'A MASONERÍA EN GALICIA', por Alberto Valín Fernández, en Lugo
    Valín Libros e a Concellería de Cultura, Turismo e Promocion da Lingua do Cocnello organizan unha conferencia co título de 'A MASONERÍA EN GALICIA', por Alberto Valín Fernández. Valín foi Profesor da Facultade de Historia da Universidade de Vigo desde 1991 ata 2020, ademais de selo tamén das Universidades da Coruña e de Santiago de Compostela. Así mesmo, durante vinte e cinco anos foi Profesor asociado e coordinador de investigacións da Université de Franche-Comté (Besançon, Francia).
  • O documental 'Doxandéem, cazadores de sueños' achega á Coruña unha visión transformadora sobre o dereito a migrar
    O documental senegalés 'Doxandéem, cazadores de sueños', producido por Goree Island, vén de estrearse mundialmente no Festival Panafricano de cine de Ouagadougou (FESPACO), en Burkina Faso, e, tras pasar por pantallas de Senegal, Francia e Alemaña, protagoniza neste outono unha viaxe polas pantallas da provincia, da man da Deputación da Coruña.
  • A segunda edición de Our Fest acende Ourense cun estalido de pop-rock alternativo
    O recinto de Expourense foi testemuña o pasado sábado dun espectáculo sen precedentes con OUR FEST, a segunda edición deste festival interxeracional de pop rock alternativo que continúa deixando pegada na cidade de Ourense. A diversidade de propostas musicais, encabezada por Suede, Shame, Kula Shaker, Baxter Dury, Grande Amore e Melenas, creou unha paleta sonora que fixo que máis de 4.000 persoas congregásense para mergullarse nun bulebule de sons alternativos.
  • Unha Ponte Coa Lusofonía. O mellor cinema lusófono volve a Vigo para celebrar a súa terceira edición no Museo MARCO
    Este sabado vaise poñer en marcha a terceira edición de 'Unha Ponte coa Lusofonía', unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.
  • De por que ao raposo se lle chama Pedro aos significados de 'María' no cancioneiro
    No fabulario tradicional galego, o animal protagonista máis habitual é o raposo. Xa o era no clásico, cando menos dende os tempos de Esopo, e Álvaro Cunqueiro aseguraba del que é o máis antigo de Galicia, ademais do único que entende o galego, lembra Antonio Reigosa. O especialista en literatura de tradición oral e mitoloxía popular, creador e coordinador da web Galicia Encantada, foi un dos participantes na VIII Xornada de Onomástica Galega, que a Real Academia Galega celebrou no Museo de Pontevedra.
  • Intersección desvela o palmarés da súa sexta edición
    INTERSECCIÓN - Festival Internacional de Cinema da Coruña desvela o palmarés da súa sexta edición. Os gañadores foron anunciados durante a Cerimonia Final celebrada este sábado no Teatro Colón con David Fidalgo como mestre de cerimonias e coa súa Garrido Pombo poñendo o broche musical a unha noite na que se outorgaron máis de 10.000€ en premios.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información