Pasar al contenido principal

Gutierrez, Santy

General

Categorías: 
Ilustración

Santy Gutiérrez, naceu o 6 de novembro de 1971 en Vigo, ainda que actualmente reside en A Coruña.

CURRÍCULUM
Santy é un dos máis prolíficos autores galegos. Adícase en exclusiva ó debuxo desde comezos dos anos 90: tras pasar nos seus inicios por 'El Correo Gallego' e pola edición viguesa de 'La Voz de Galicia' estableceuse definitivamente (e hasta hoxe) en 'Atlántico diario', 'El progreso' de Lugo, 'La Opinión' de A Coruña e 'La Región', periódicos nos que publica varias viñetas diarias, caricaturas e outras seccións que se ofrecen semanalmente. Para 'El Progreso' realiza ademáis un dos seus mellores traballos (según él mismo recoñece): continua-la tarea de dar vida ás historias debuxadas de Pelúdez, unha personaxe popular de 100 años de antigüidade.

Colabora tamén habitualmente con revistas de cómic e doutros xéneros. Algunhas polas que pasaron os debuxos de Santy son 'Mister K', 'BD BANDA', 'BARSOWIA', 'H2OIL', 'Raigame', 'Motorgalicia', 'Bricolage y Jardinería', 'Metrópolis', 'TodoBasket', 'Hobbypress', 'Revista del Real Club Deportivo' (RCD), etc...

Santy colaborou tamén coas súas ilustracións en decenas de libros de texto e contos xuveniles para editoriais galegas como 'Xerais' (do grupo Anaya) e 'Rodeira' (do grupo Edebé) e tamén realizou traballos para empresas de publicidade.

OBRA
- Humor gráfico, ilustracións e caricaturas nos diarios El Progreso de Lugo, La Opinión de A Coruña, Atlántico diario e La Región.
- Páxinas de Cómic semanalmente na Revista 'Mister K' (ed. El Jueves) páxinas de cómic en 'Drôles D’histoires n7' (Ed.Vents d’ouest) 'H2OIL' e 'BD Banda'.
- Literatura infantil e xuvenil: Tanis I o Mocos (ed. Xerais)
- Resalgario (ed. Xerais)
- Estanislao Principe de Sofrovia (ed. Xerais)
- Libros educativos: Contos e Lendas Celtas (ed. Xerais), Lingua e Literatura 1º, 2º, 3º e 4º de ESO (Ed. Xerais), Restra de letras (ed. Xerais), Lingua 2º primaria (ed. Rodeira) Lingua 1º, 3º e 4º ESO (ed. Rodeira)

Participou en varios certames de caricatura e humor gráfico: gañou o primeiro premio (dotado con 6.000 €) e dous accésits no concurso nacional de 'Humor Gráfico Joven & Brillante' e gañou o primeiro premio da 'Bienal da caricatura de Ourense' de 1998.

A súa obra foi exposta no Museo do Humor de Fene (A Coruña), no Salón do Cómic de A Coruña, e en varias mostras organizadas pola 'Fundación General de la Universidad de Alcalá de Henares'.

No 2003 comezou un traballo xunto a outros debuxantes (Javi Montes, Marcos Calo e Fernando Llorente), é un estudio onde producen caricaturas, humor gráfico, cómics, traballos publicitarios, deseños de personaxes, story boards, etc... De momento, todos eles conseguiron introducirse no mercado francés da historieta da man de autores como Jackes Goupil e Sylvia Douillet.

É membro da directiva da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), asociación que dirixe os seus esforzos a fortalece-lo sector da ilustración, a informar ó profesional e a dignifica-la profesión.

Galerías

Galería
  • Ilustración