Uhía Lima, Manuel
General
Manuel Uhía Lima naceu en Portonovo (Pontevedra).
Atraído polas artes plásticas marchou a Madrid a estudiar Belas Artes e alí comezou a traballar como ilustrador e deseñador gráfico en editoriais e axencias de publicidade.
OBRAS
Na actualidade colabora con varias editoriais galegas e foráneas, labor que comparte coa pintura e o deseño gráfico. Leva ilustrado máis de 80 libros. Algúns dos últimos son ¡Piratas na buguina!, As bruxas esdrúxulas, Pimpín e dona gata, Cuentos enanos de personajes extraordinarios, Imos xuntos camiñar ...
Seleccionado polo Ministerio de Educación e Cultura para a exposición "A todo color" 2000.
Aparte dos libros mencionados, fixo ilustracións para as editoriais Anaya, Xerais, Galaxia, EDEBE, SM, Edelvives, Susaeta, Everest, Magisterio, Casals, e Ir Indo.
Colabora con axencias de publicidade na realización de deseño gráfico: Vitivinícola do Ribeiro, Gran Hotel La Toja, Casino La Toja, Erconsa, Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Concello de Redondela, Martín Casal, Grupo GEA, Cedonosa, Cubiertas e MZOV.
Guionista e director da serie de documentais submarinos para TV "Os latexos da nosa ría"; o documental desta serie "Unha batea afundida" foi premiado no Festival Internacional de Cine Submarino 93 de Antibes e os capítulos "Fronteiras perdidas" e "Pendente infralitoral" conseguiron sendos galardóns no II e III Certame de Vídeo do Mar, Viveiro.
Guión e dirección do documental "Cíes, Islas de los dioses".
PREMIOS
Entre os premios e mencións polo seu traballo pódese destacar:
- Mención Especial no Salón de Avignón 83.
- Mención da Exposición de Outono de Evian 84.
- Premio do Concurso Mascota R.C.Celta de Vigo 96.
- Premio Rañolas de Ilustración 97, inclusión na lista de Honra no XXXVI Premio CCEI 97.
- 1º premio do concurso de imaxe corporativa de Caixanova de Galicia.