Elisardo Daniel Barcala Dorado
EXPOSICIÓNS
1998. Sala de Exposicións da Facultade de Filoloxía, Campus de Elviña, A Coruña.
1998. Na UNED, organizada polo INGABAD na Coruña, Exposición Colectiva permanente "En Galego con Humor...
Santín Carballada, Benjamín
General
Benjamín Santín Carballada naceu en Becerreá (Lugo).
Profesor Mercantil. Mestre Industrial, rama Delineación.
Delineante da construcción. Especialidade Catedrático de Debuxo.
Foi profesor en: Escola de Comercio, Instituto Masculino (hoxe Lucus Augusti) e Escola de Mestría Industrial (hoxe I.E.S. Nº 1 Politécnico de Lugo).
Participou en numerosas comisións e congresos, sendo presidente do Primeiro Congreso Galego de Profesores de Debuxo (A Coruña 1998).
Foi socio da Agrupación Fotográfica Lucense (1960-1976). Foi Secretario da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses (1996-2001).
Primeiro premio X Aniversario do Colexio Nacional de Decoradores (1982). Colabora con traballos de distinta temática en distintas publicacións.
A súa vertente crítica, escritor de artigos e profesor hai que engadirlle o deseño, a fotografía e pintura, adoptando técnicas da plumilla, aguada e acuarela, realizando deseño de logotipos, portadas de revistas, carteis, etc...; Así como participando en exposicións colectivas, tanto benéficas como libres en pintura e fotografía.
En congresos foi participante ou expoñente de ponencias.












