Crítica
NOTICIA DO PINTOR BENXAMÍN SANTÍN
Nalgures teño lido, ou oído, que os humanos soñamos en branco e negro, aínda que ha¡ uns poucos, que son quen de soñar en cores, de aloumiñar os seus soños, ilusións e sentimentos coa inmensidade das tonalidades cromáticas coas que a nai natureza coloreou as súas criaturas.
Un deses poucos coñecémolo todos os lugueses: nado en Becerreá, reside en Lugo dende a infancia; nesta nosa cidade estudou e comezou a exercer coma delineante, decorador, cartelista e pintor, expresións da súa creatividade artística complementarias da que foi a súa profesión por excelencia: a docencia. Entre 1950 e 2003, centros tan diferentes como a Academia Celta, a Escola Pericial de Comercio, o Instituto Masculino, o Centro de Formación Profesional As Mercedes ou o IES Politécnico dan testemuña das bondades do seu labor de mestre de tantas e tantas xeracións de lugueses e luguesas. Estamos a falar de Benxamín Santín Carballada.
Eu coñecín a Benxamín aló polos anos oitenta, e encantoume a súa afabilidade e calidez humanas. Pero cando comecei a descubrilo foi a comezo dos noventa cando no Instituto Lucus Augusti celebramos o 150 aniversario da súa fundación, acontecemento que foi tamén o 150 aniversario da implantación en Galiza dos estudos do Ensino Secundario ou Bacharelato, pois o Lucus Augusti, antes Masculino e moito antes Instituto Provincial de Lugo, foi o primeiriño dos Institutos de Bacharelato creados en Galiza, xa a finais de 1842. A celebración coral de tan relevante aniversario, celebración diversificada en conferencias e mesas redondas, audicións musicais e recitais poéticos, certames de video e representacións tetarais, amén de exposicións fotográficas e de pintura, convocou e achegou as aulas do Instituto a moitos dos seus ex alumnos e ex profesores, ben coma colaboradores ou coma asistentes dos actos organizados. Entre os colaboradores, compre citar a Benxamín Santín, quen impartira clases de Debuxo no centro entre 1963 e 1971.
Fo¡ entón cando souben que non só impartía clases de Debuxo, que non só daba charlas sobre a pintura e os pintores senón que tamén exercía do que predicaba: era pintor. Tiven o privilexio de conocer algunhas das rúas creacións, preferentemente acuarelas e augadas, técnicas cultivadas xa desde a súa mocidade por mor dos seus traballos profesionais coma delineante e decorador. A acuarela foi a súa primeira expresión artística; co tempo, chegaron os acrílicos. Con todo, independentes dos temas tratados e das técnicas empregadas, dúas son ao meu modo de ver as feituras que singularizan e personalizan a súa obra pictórica:
a) dunha banda, a firmeza do seu trazo, evidente na mestría e habelencia das súas plumiñas/acuarelas ou no rigor case xeométrico das liñas que perfilan ou definen as formas e criaturas que habitan algúns dos seus acrílicos (sen dúbida, froito da pegada da súa formación académica coma Delineante e os moitos anos de docencia coma profesor de Debuxo técnico):
b) e doutra, a variada e r¡caz paleta cromática que viste de luz cada fantasía pictórica súa: a luz que os seus acrílicos e acuarelas atesouran, e maxicamente irradian, é o xermolo e esencia da súa pintura tiña contemplado esa marabillosa luz en moitos lenzos de pintores mediterráneos, de nacemento ou residencia pero foi unha impagábel sorpresa descubrila tamén neste pintor lugués e galego.
A esplendente luminosidade da súa pintura abraioume e segue a abraiarme e conmoverme. Agora se¡ que o tan fértil coma poderoso cromatismo da súa paleta é froito da súa singular sensibilidade humana da súa capacidade para soñar cos ollos abertos, en cores, como só soñan uns poucos, os elixidos, os que a natureza dotou das bondades da creatividade artística (pintores, músicos, poetas...). Agora se¡ que a súa, intimidade está ate¡gada de cores límpidas, nidias, vizosas, exultantes, caseque diría, que sensuais, pois son os seus sentimientos, ilusións, emocións e arelas os que a través delas se expresan en cada un dos seus cadros. Agora se¡ porque ano tras ano volve ás terras valencianas, que descubriu a comezo dos sesenta por motivos familiares, para pasar longas estadías: nelas, non só comparte a ledicia da amizade de tantos anos e tantos amigos, se nón que apreixa as cores, nutre as faltriqueiras cromáticas do seu espírito e agasalla os seus ollos, sempre anceiantes, coa policromía, beleza e excelencia da luz mediterránea, que va¡ nel e impregna, habita e singulariza cada unha das súas obras.
Camilo Gómez Torres, xornal 'El Progreso', 15 de xullo de 2007.