Rosa Álvarez Jove reside en Cabanas, Pontedeume (A Coruña).
Un día fai xa moitos anos xunto coa natureza descubríu, a pintura... a súa primeira paixón. Tras anos dedicada a ela, xa de muller, descubríu o barro... toda a súa forza. Neste terreo empezou modelando, realizando traballos a man...
Garrido, Xosé
General
Xosé M. Rodríguez Mariño naceu o 1 de xuño de 1968 en Monforte de Lemos (Lugo). Vive dende 1974 en A Coruña, e dende hai catro anos a cabalo entre Galicia, Córdoba e Marrakech.
CURRÍCULUM
Fotógrafo especializado en arquitectura, patrimonio e etnografía. Dende 1995 traballa nun abundante número de proxectos sobre o patrimonio arquitectónico e cultural de Galicia para diversas institucións públicas e privadas, entre os que destaca o proxecto documental e editorial “Arquitecturas da provincia de A Coruña”, publicado pola Diputación da Coruña.
Durante os últimos dez anos, viaxou por todo o mundo realizando reportaxes e desenvolvendo diversos traballos sobre hábitat, sociedad e patrimonio, destacando entre os últimos, a documentación da obra arquitectónica de Thomas Jefferson en Virxinia (EE.UU.), o estudio das arquitecturas de barro nos vales presaháricos en Marrocos, a documentación e seguimento da instalación de radio escolas nos campamentos de refuxiados saharauis ó sur de Arxelia, ou a realización e montaxe de seis diaporamas temáticos para a súa proxección permanente no "Museo del Ferrocarril John Trulock" da Fundación Camilo José Cela.
Dende hai catro anos, viaxa con frecuencia por todo o sur peninsular e norte do Magreb, centrando o seu traballo na arquitectura e patrimonio árabe-andalusí, colaborando na realización de diversos proxectos editoriais e científico-divulgativos, entre os que destaca, recentemente, a documentación fotográfica para o proxecto 'Medinas Mudun', traballo de investigación sobre a pegada e a pervivencia cultural do Al-Andalus na actualidade, coordinado pola 'Junta de Andalucía' e desenvolvendo en 40 localidades de Portugal, España e Marrocos, coa colaboración de diversas institucións públicas e privadas destes tres países.
Outros países nos que desenvolveu o seu traballo son Cuba, Exipto, Túnez, Mauritania, Bulgaria, Portugal, Italia, Sahara Occidental, etc...
As súas fotografías ilustraron máis de 40 libros sobre diversos temas relacionados coa arquitectura, a arqueoloxía e o patrimonio. O seu traballo é habitualmente editado en numerosas publicacións, libros, guías culturais e de viaxe, páxinas web, CD-ROM, así como en diversas revistas especializadas e en exposicións monográficas de carácter divulgativo.
Tamén desenvolve unha intensa labor como director de fotografía e operador de cámara en produccións audiovisuais cinematográficas e videográficas, nos campos da ficción, o documental e a publicidade. Últimamente dirixiu e realizou o proxecto “Emerxentes”, unha serie documental para Televisión de Galicia sobre os novos valores nas artes e a cultura do ocio en Galicia.
Dende 1997 imparte habitualmente diversos cursos e talleres sobre distintas disciplinas relacionadas coa fotografía, dende perspectivas tanto teóricas como prácticas, e organizados por institucións públicas, universidades e asociacións e fundacións de carácter privado. Durante os dous últimos anos participou como profesor no 'Master en estudios teatrales y cinematográficos', organizado polo Servicio de Medios Audiovisuais e o Departamento de Didácticas Especiais da Universidade da Coruña.
FOTOGRAFÍA
Proxectos / Documentación
ETNOGRAFÍA: Seguimento e documentación fotográfica do proxecto de 'Cooperación para el Desarrollo, Instalación de Radioescuelas en los Campamentos de Refugiados Saharauis', en Tindouf, ó sur de Arxelia. Junta de Castilla-La Mancha / Ayunt. de Huelva / 'Asamblea de Cooperación por la Paz' (Madrid). 1995.
PATRIMONIO: Fotógrafo do proxecto documental e do proxecto editorial 'Arquitecturas da provincia de A Coruña'. Convenio Diputación de A Coruña-Universidade da Coruña. 1996/97/98/99/2000.
PATRIMONIO: Dirección de fotografía e fotógrafo do proxecto B.I.C. (Bens de Interese Cultural). Catalogación do Patrimonio Histórico-Artístico de Galicia). Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña. 1996/97/98/99/2000.
ARQUITECTURA / URBANISMO: Fotografía e documentación gráfica das obras do arquitecto Pedro Mariño Ortega para a exposición antolóxica que do mesmo se realizou no Kiosko Alfonso da Coruña. Convenio Concello da Coruña-Universidade da Coruña. 1997.
ETNOGRAFÍA: Realización e montaxe de seis diaporamas temáticos para a súa proxección permanente no "Museo do Ferrocarril John Trulock". Fundación Camilo José Cela. Padrón. 1999.
ARQUEOLOXÍA: Estudio fotográfico integrado nos traballos de documentación para a realización de reconstruccións arqueolóxicas infográficas, dos conxuntos histórico-arqueolóxicos de Itálica (Sevilla) e Carmona (Sevilla). Grupo Alminar Sur, arqueoloxía e patrimonio./ Arketipo, infografía./ Ediciones Ilustres. Sevilla. 2000.
ARQUEOLOXÍA: Estudio fotográfico integrado nos traballos de documentación para a realización de reconstruccións arqueolóxicas infográficas, de varios elementos e aspectos arqueolóxicos da Alhambra e do 'Generalife de Granada'. Grupo Alminar Sur, arqueoloxía e patrimonio / Arketipo, infografía / Ediciones Ilustres. Granada. 2000.
ARQUITECTURA / PATRIMONIO: Realización de inventario e documentación fotográfica das "Arquitecturas de barro en los Valles Presaháricos al sur de Marruecos", promovido polo CERKAS (Centro de Rehabilitación de la Kasbah) de Ouazarzate, para a súa integración nos proxectos de recuperación do hábitat e o seu patrimonio. CERKAS. Marrocos. 2000.
ARQUEOLOXÍA: Documentación e estudio fotográfico do estado actual dos Baños Romanos de La Hedionda (Málaga) e o seu entorno natural, para o estudio dun proxecto de recuperación integral promovido polo gabinete de arqueoloxía MLK e subvencionado pola Junta de Andalucía. MLK Proyectos arqueológicos y audiovisuales / Junta de Andalucía. Málaga. 2000.
ARQUITECTURA / PATRIMONIO / ETNOGRAFÍA: Documentación fotográfica sobre a arquitectura, as obras de recuperación e o hábitat do Ksar de Tammnougalt, no val do Draa, ó sur de Marrocos. Proxecto comisionado pola Fundación Dar Bellarj de Marrakech, coa colaboración do arquitecto Faissal Cherradi. Fundación Dar Bellarj. Marrocos. 2000.
ARQUITECTURA: Documentación fotográfica da obra arquitectónica do terceiro presidente dos EE.UU. Thomas Jefferson, nos estados de Virxinia, Philadelfia y Masachussets, para un proxecto de investigación comisionado pola Universidad da Coruña. 2000-2001
ARQUEOLOXÍA: Estudios fotográficos integrados nos traballos de documentación para a realización de reconstruccións arqueolóxicas infográficas da Alcazaba, o Teatro Romano, o Castelo de Gibralfaro e outros elementos arqueolóxicos e patrimoniais de Málaga e a súa provincia. MLK Proyectos arqueológicos y audiovisuales / Arketipo, infografía / Ediciones Ilustres. Málaga. 2001
PAISAXE/ Patrimonio: Estudio fotográfico para o proxecto editorial web do 'Jardín Botánico de Córdoba'. Jardín Botánico de Córdoba / é comunicación visual. Córdoba. 2004
PUBLICIDAD / COMUNICACIÓN
- Fotógrafo da revista “Area Central”, publicación periódica mensual do centro comercial de Santiago. (1997/98/99)
- Fotografía publicitaria para a axencia Multimedia Ideas de Santiago. (1996/97/98/99/2000)
- Fotografía publicitaria para a axencia B&B Comunicación da Coruña. (1996/97/98/99/2000)
- Fotografía publicitaria para a axencia e productora audiovisual LÚA Filmes da Coruña (1999/2000/01/02)
- Fotografía publicitaria para a axencia de comunicación e deseño 'é comunicación' de Córdoba (2002/03/04)
- Fotografía industrial e publicitaria para empresas, axencias e particulares dende 1996.
PRENSA
Reportero gráfico das axencias Órbita Press e Galicia Press. (1992/93/94)
Fotógrafo do grupo editorial Recoletos. Delegación da Coruña. (Marca, Gaceta Universitaria, Gaceta da Coruña, Expansión, Mundo Económico) (A Coruña. 1995/96)
Editor gráfico e fotógrafo da revista TEMPOS NOVOS, editada por Atlántica de Comunicación e Información de Galicia S.A. (Santiago de Compostela. 1997/98/99)
Fotografías para coleccionable “Comarcas de Galicia” do diario EL MUNDO Galicia (Santiago. 99)
Fotógrafo da revista ECO (A Coruña. 1999/2000/2001/2002/2003
Colaboracións en prensa e revistas: La Voz de Galicia, El Mundo, Galicia Internacional, Cielo Negro, Cinemanía, Babelia, Fotogramas, Ideal Gallego, Waco Revista de Cine, El País, Diario Ya...
Reportaxes en Exipto (1988), Bulgaria (1988), Roma (1994), Florencia (1994), Sáhara Occidental (1995), Arxelia (1995), Lisboa (1996), Oporto (1996), Cuba (1997), Túnez (1998), Marrocos (1999), Mauritania (1999), Valles Presaháricos (2000),...
EDITORIAL / ILUSTRACIÓN
- Fotografías para o calendario de 1998 do Museo de Bellas Artes da Coruña. Ed. Museo de BB.AA. da Coruña. 1998
- Fotografías e diseño para o Libro-CD de Lino Braxe, "A cor do ceo". Ed. Edicións Xerais. A Coruña. 1999
- Fotografías e deseño para o CD de Fía Na Roca, "Contravento". Ed. Ceyba. Madrid. 2000.
- Obra gráfica para a ilustración da revista cultural taurina “BOLETÍN DE LOTERÍAS Y TOROS” Nº12. Ano X. Xanero 2001. Ed. FD Studio. Córdoba. 2001
- Fotografía para a campaña de comunicación TERRITORIOS SEVILLA 2003.
- 'Festival de Músicas del Mundo'. Ayuntamiento de Sevilla. 2003.
- Portadas para libros, revistas, magazines, etc...
- Fotografía para páxinas web, cd-rom, productos multimedia...
- Fotografía para catálogos, programas, press-books, carteles, afiches...