Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.
Obradoiro de iniciación ao gravado calcográfico, Concello de Culleredo. Profesora: Isabel Pintado.
Obradoiro de collages, cadernos de desmontaxe, MACUF. Profesor: David Castro.
...
García, José Luis
General
José Luis García Vázquez, nace en Mugardos (A Coruña) en 1960.
En 1963 trasládase coa súa familia a Maniños, lugar no que dende moi novo mostra unha habilidade natural para o debuxo e a pintura, realizando acuarelas e óleos das paisaxes da comarca. Pola influencia da profesión do seu padre, realiza algunhas esculturas e introdúcese na técnica da taracea.
Profesionalmente vese obligado a encauzarse por outro camiño, o que lle impide adicarse plenamente á pintura, pero sin abandonala.
En 1993 presenta unha colección de óleos na Sala de Exposicións do Concello de Pontedeume, lugar onde nese momento reside, o que lle anima a seguir presentando as súas obras ó público dunha maneira máis constante.
Entre os anos 94 e 98 vive entre Cádiz e Madrid. A súa pintura vólvese máis figurativa, o ser humano convirtese en eixo, referencia e punto de partida de todo o que lle rodea.
Descubre o valor de escenas que se repiten no lento discurrir diario. Sabe observar para logo confirmar coa seguridade dunhas liñas a mensaxe que elo encerra.
En 1998 fixa a súa residencia en A Coruña, momento no que aumenta a súa participación no mundo artístico, formando parte de múltiples mostras colectivas e individuais, pasando a ser ésta a súa principal actividade.
Na actualidade o seu traballo retorna á madeira como soporte, na que interven sacándolle partido á súa textura, para logo pintala e lograr un equilibrado diálogo entre estes dous materiais.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2003. Sala Winterthur "Día tras día". A Coruña.
2001. Casino Atlántico "La mirada horizontal". A Coruña.
1999. Galería Super-Arte. A Coruña.
1994. Asociación de Artistas de A Coruña.
1993. Sala de exposicións Concello de Pontedeume (A Coruña)
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2004. Galería "Lucía Torres". A Coruña.
- XXI Certame de pintura "Concello de Cambre".
- Asociación Cultural "Teodoro Escudero". Sahagún
- Premio "Ciudad de Palencia" de Artes Plásticas 2004.
- Monasterio de Xagoaza. O Barco de Valdeorras. "Alumnos de Eduardo Arroyo en el Taller Pablo Ruiz Picasso". MACUF.
2003. Claustro da Casa Consistorial de Ortigueira. "Alumnos de Eduardo Arroyo en el Taller Pablo Ruiz Picasso". MACUF.
- MACUF. Obra colectiva (QUESO) creada en el taller dirigido por Eduardo Arroyo.
- "Proyecto paraguas". Museo de Bellas Artes Dr.Urbano Poggi. Rafaela. Santa Fe (Argentina)
- Municipalidad de Mendoza (Argentina)
- Municipalidad de Sunchales. Santa Fe (Argentina)
- Museu da Tecnología e Ciência PUCRS. Porto Alegre (Brasil)
- Bienal Internacional del Caribe. Santo Domingo (Rep.Dominicana)
2002. 19º Certame de pintura "Concello de Cambre".
- VII Bienal de pintura "Balconadas". Concello de Betanzos.
- Certame de Pintura "S.Soria". Vila de Benissa (Alicante)
2001. I Certame de Pintura “Adeslas”. Finalista.
- "3 Pintores". Galería Jovenart. Madrid.
- "VI Certamen de Pintura Puerto de la Luz". Las Palmas de Gran Canaria.
2000. III Salón de Outono de Pintura 2000. Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. A Coruña.
- Colectiva Galería Super-Arte. A Coruña.
- XII Certame de Pintura "Vila de Cedeira" (A Coruña)
- VI Bienal de Pintura "José Luis Fernández". Boiro (A Coruña)
- V Certamen de Arte "Galería Burela". (Lugo)
1999. Galería Coarte. A Coruña.
- VII Colectiva de pintura "Arte no Morrazo". Cangas (Pontevedra)
- XV Premio de pintura "Germán Calvo". Ciudad de Palencia.
- Participa na exposición itinerante do III Premio de pintura “Eixo Atlántico", que ó longo do ano recorre distintas cidades de Galicia e Norte de Portugal.
1998. III Certame de Arte "Galería Burela". (Lugo)
1997. VII Concurso de Pintura "Bello Piñeiro". Concello de Mugardos (A Coruña)
1996. Mostra Feitura. Ateneo Ferrolán.
- III Bienal Agro de Bazán. Vilanova de Arousa (Pontevedra)
PREMIOS
2001. Accésit no VI Certame de Pintura "Puerto de la Luz". Las Palmas de Gran Canaria.
1997. 2º Premio no VII Concurso de Pintura "Bello Piñeiro". Concello de Mugardos
CURSOS E TALLERES
2004. Taller de xilografía impartido por Omar Kessel. Museo de Bellas Artes. A Coruña.
2003. Taller Pablo Ruiz Picasso MACUF, dirixido por Eduardo Arroyo.
Páxina web: www.jluisgarcia.com