María Consuelo Álvarez Paredes, Mariché, naceu en Lugo o 18 de outubro de 1958.
FORMACION ARTÍSTICA
Técnica superior de artes plásticas e deseño en cerámica artística.
Estudios realizados na Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo e Pablo Picasso da Coruña, 2001....
Pérez Cerviño, Ana
General
Ana Pérez Cerviño naceu o 5 de xaneiro de 1986 en Vigo (Pontevedra). Desenvolve o seu campo de traballo en varios sectores: no deseño gráfico (investigando actualmente na creación web), a arte (ampliando o seu mundo no arte dixital e a fusión do arte coa publicidade), o vídeo-arte, a ilustración e a literatura. Comezou a súa andadura artística hai cinco anos aproximadamente cando empezou a realizar os seus estudios de Arte e obradoiros literarios xunto aos seus estudios regulamentarios. Realiza varias exposicións de arte e vídeo creacións, entre elas a de colaboración na derradeira Feira de Arte Contemporánea de Vigo xunto a "La Bañera con Trampolín" e a súa exposición “Utopía”, que realizou en marzo no Punto Xove de Vigo. É artista profesional nomeada polo Aicoa e membro (socia) da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) Actualmente, continúa especializándose no seu medio, o deseño; segue escribindo, continúa co seu proxecto do Obradoiro de Poesía Visual, prepara a revista e proxecto cultural The DreamMaker (O creador de soños) e as súas colaboracións artísticas no medio visual e artístico.












