Pasar al contenido principal

Pereiro, Álvaro

General

Categorías: 
Escultura

Álvaro Pereiro Rodríguez naceu o 14 de febreiro de 1955 en Buxán (O Incio).

DATOS PROFESIONAIS
Está en posesión da Carta de Artesán nº 1042.
Este Artesán Escultor comezou exercendo de traballador nas canteiras de lousa que posuía a familia de ahí comezou o seu interese pola pedra.
En 1993 o formador D. Xesús Arnejo Fandiño espertou a vocación da escultura, dos gravados e máis da heráldica neste artesán traballando con el cóbado con cóbado durante unha larga estadía, na marmorería Sarria de Manosa en Lugo.
No seguinte ano deseñou e realizou a súa primeira obra en heráldica, o apelido Pereiro, do Oficio e máis do lugar; dentro deste mesmo ano iniciouse por el mesmo na escultura de ferro realizando un Peregrino con pezas de vehículo.
No ano 1995 fai a súa primeira exposición no Ateneo Ferrolán e tamén fai a reconstrucción e reforma na vivenda na que logo sería o museo actual.
Xa asentado como artesán no 1996 comprometeuse co concello do Incio na talla do escudo, coroa, cornixa e gravado da fronteira do novo concello.
Despois disto seguiron as súas obras que se espallaron por todo o territorio local, autonómico (Barcelona) e incluso Internacional (Puerto Rico).
En 1998 fundou o Museo de Pedra coa colaboración do Plan Leader II.
Hoxe en día adícase básicamente ó estudio, deseño e esculpido de escudos heráldicos en granito ou mármore.

CURSOS
2002. Curso de formación “El comercio de reproducciones de arte”.
2002. Curso Barcelona. Visitas e conferencias sobre Gaudí.
2002. Curso Gaudí.
2003. Curso Xornadas de tendencias e deseño en artesanía.
2005. Curso Prevención de riesgos laborais en pequenas e medianas empresas.
2006. Curso Patrimonio, turismo e desenvolvemento Local.

e-mail: alvaropereiro@terra.es
página web: www.museodapedra.com

Galerías

Galería
  • Escultura