Fernández, Xoan
General
Xoan Fernández Martínez naceu en Ribeira (A Coruña) o 9 de Febreiro do 1938.
Pintor autodidacta ribeirense de larga traxectoria que actualmente vive e traballa en Palmeira (A Coruña) no seu estudio ubicado á beira da Ría de Arousa.
Despois de pasar por diversas etapas de signo expresionista e abstracto, desembarcou nunha pintura hiperrealista cargada de sutiles resoancias oníricas tras sufrir unha forte influencia dos pintores flamencos e holandeses do século XVII, especialmente de Johannes Vermeer, mentres estivo, durante nove anos, residindo nos Países Baixos.
Xoan Fernández participou en numerosas exposicións individuais e colectivas en Alemaña, Holanda, Bélxica, Madrid e Galicia. Ilustrou libros e revistase colabora asiduamente cos seus debuxos en 'La Voz de Galicia'.
Na súa pintura sírvese dunha práctica verdadeiramente artesanal utilizando métidos clásicos cunha visión moi actual na súa temática. A súa técnica é tan depurada e minuciosa que a miúdo invirte meses en realizar un só cadro. De aí que a súa producción non supera unha ducia de cadros por ano. Recentemente saíu publicada unha monografía sobre a súa obra nun dos últimos tomos da Enciclopedia de Artistas Galegos de Nova Galicia Edicións.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1964. Galería Nurso, Frankfurt (Alemania)
1969. Galería Artes, A Coruña.
1970. Nova Sala de Exposicións da Caixa de Aforros, Vigo (Pontevedra)
1977. Círculo Mercantil. Ribeira (A Coruña)
1978. Pub 'Modus Vivendi', Santiago (A Coruña)
Aula de Cultura. Santiago
Sala Caixa de Aforros. Vigo
Aula de Cultura. A Coruña
1979. Sala Caixa de Aforros. Pontevedra
Aula de Cultura. A Coruña
1981. Aula de Cultura. Santiago
Liceo Marítimo. Vilagarcía
Aula de Cultura. A Coruña
1982. Antigua Sala. Vigo
Galería Sementeira. Noia
Pub 'O Patacón'. A Coruña
1983. Galería Abracadabra. Vigo
Pub 'Jardín Umbrío'. Pobra do Caramiñal
1988. Casa de España en Amberes (Bélxica)
1990. Lar Galego en Rotterdam (Holanda)
Museo Valle-Inclán. Pobra do Caramiñal
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1966. Dirección Xeral de Belas Artes. Madrid
1967. I Mostra de Arte Galego. Ribeira (A Coruña)
1970. I Bienal Rexional de Arte. Pontevedra
1972. Bienal Rexional de Arte. Pontevedra
1978. Colectiva pro-traballadores 'Ascón', Sala Van Gogh. Vigo
1979. Cinco Pintores Galegos. Sala de Arte. Vigo
1980. Xuntanza Cultural das Comunidades do Barbanza. Santiago.
II Mostra de Arte Galego. Ribeira
V Bienal de Pintura Meigas e Trasgos. Sarria
1981. Colectiva Obradoiro C.A.B. Aula de Cultura. Santiago
Pintores do Barbanza, Centro Cultural de Boiro.
Exposición Homenaxe a El Salvador. Santiago.
Plástica Galega, Décimo Ciclo. Vigo
Homenaxe a Castelao. Rianxo.
1982. Día das Letras Galegas. Boiro
Mostra de Pintura da II Universidade Popular. Corcubión.
1983. Concello de A Coruña, 'A pintura galega hoxe'. A Coruña
1985. Semana Cultural dos Hispanofalantes. Amsterdam (Holanda)
1990. Cultuur uit Oost en West. Amberes (Bélgica)
TRABALLO GRÁFICO
1979. Portada número especial adicado ó Barbanza, 'La Voz de Galicia'.
1980. 'Aventura, ventura y desventura de los caballos de A Barbanza', Carlos García Bayón, 'La Voz de Galicia'.
1980. 'Os Canteiros Galegos', Carlos García Bayón, 'La Voz de Galicia'.
1981. 'Canciones y refranes de los vinos gallegos', Xavier Costa Clavell, 'La Voz de Galicia'.
1982. 'Centenario La Voz 1882-1982', La Voz de Galicia.
1982. 'No centenario do nacemento de James Joyce' Vicente Risco, 'Revista Dorna' Santiago.
1982. Cartel anunciador das Festas de Ribeira.
1983. Poema de Marcelo Gómez de Castro, 'Revista Dorna' Santiago.
1983. 'Valle-Inclán resucita en Puebla del Caramiñal' Carlos García Bayón, 'La Voz de Galicia'.
1983. 'Por las lagunas de la Barbanza' Carlos García Bayón, 'Revista La Coruña'.
OBRA EN:
En diversas institucións: Universidade de Santiago, Casa de España en Utrecht, Casa de España en Amberes, Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, etc...
E en coleccións privadas: Amsterdam, Bruxelas, Madrid, Santiago, Vigo, San Sebastián, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, etc...