Belén Fernández Vigo, naceu en Ferrol (A Coruña) no ano 1960.
Debe á súa avoa, o seu amor pola pintura e pola arte en xeral. Encantáballe vela pintar e mirar e "remirar" os seus libros de arte.
Sempre foi unha apaixoada do debuxo, a pintura e as artes...
Pardo, Isabel
General
Isabel Pardo naceu en Lugo en 2002.
En agosto de 2017 realiza un mural alusivo ao camiño de Santiago participando na primeira edición do 'Mercado do Alboio', en Vilalba.
En outubro do 2017 realiza a súa primeira exposición de debuxo e pintura no Auditorio de Vilalba en colaboración co Iesch.
En novembro do 2017 realiza un mural no IES Basanta Silva, onde cursa 4° de eso.
En xaneiro do 2018 realiza un debuxo de Agustín Fernández Paz, en directo no Auditorio de Vilalba, na entrega de premios da primeira edición do 'Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade'.
En marzo do 2018, en colaboración coa Asociación Feminista de Vilalba, realiza un debuxo en directo co gallo do 8M.
En abril do 2018 realiza un retrato de Raúl Río, en directo nos Vilares, na súa entrega do Premio Trapeiro de Honra.












