Rosa Álvarez Jove reside en Cabanas, Pontedeume (A Coruña).
Un día fai xa moitos anos xunto coa natureza descubríu, a pintura... a súa primeira paixón. Tras anos dedicada a ela, xa de muller, descubríu o barro... toda a súa forza. Neste terreo empezou modelando, realizando traballos a man...
Azar, Xosé
General
Xosé Azar naceu en Santiago de Compostela.
Recibiu o ensino do famoso escultor cambadés Francisco Asorey na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal, Compostela, donde fixo o Bacharelato. Licenciouse en Filosofía na Universidade Complutense e doctorouse na Universidade Autónoma de Madrid, cun traballo que despois ampliou e profundizou, empregando moitos anos nel, 'Vida masculino/femenina'. Daquí naceron logo: 'Poética de Fondo', na que se rexeita o arte como simple xogo e se reivindica a volta ó sentimento, e 'Poética formal', onde se alcanzan por primeira vez unhas categorías poéticas formais, extensibles ás demáis artes; actualmente está traballando no terceiro volume, que trata do drama, nas súas tres versións: ideal ou convencional, real ou extraescénico e total ou festivo erótico e místico. É tamén froito destes estudos: 'Rosalía erótica y existencial', publicado en Madrid en 2010 e presentado nesta Casa o 18 de Novembro do mesmo ano; e 'A outra Rosalía', serie de artigos publicados en El correo gallego, na primavera-verán de 2011, que poden consultarse en www.xoseazar.ex, así como o resto da súa obra. Escribiu poesía, en galego e en español, publicada algunha e outra inédita; e teatro, tamén nos dous idiomas. Pero a escultura é agora a súa arte máis amada.
Exposicións colectivas:
2010. Casa de Cantabria de Madrid.
2011. Salón International d’Automne. Sarria (Lugo).
2012. Exposición colectiva na Sala S. Morillo de Villavieja (Madrid).
2012. "Artistas por el mundo". Exposición de arte contemporánea. Bellage Atelejé Galleri. Estocolmo (Suecia).
En xaneiro de 2013 foi selecionado no Concurso de escultura pública monumental para o desenvolvemento escultórico-artístico do futuro Parque de Levante da cidade de Murcia, pasando a súa obra ‘Mediterránea’ a formar parte da Fundación Murcia Futuro, e concedéndoselle o privilexio de ser exhibida, xunto co resto de obras selecionadas, nunha exposición itinerante por España e EE.UU.
Exposicións individuais:
2012. Centro Cultural Campamento (Madrid).
2012. Escuela de Cerámica de la Moncloa.
2013. Latina-Arte. Madrid.
2013. Casa de Galicia de Madrid.
2014. Casa de Cultura de Denia (Alicante).