Crítica
“Non poucas veces a ficción se converte nunha sorte de road movie na que a peripecia vital dos protagonistas está guiada por un itinerario pautado por vilas, cidades, mosteiros e castelos, rematando loxicamente en Compostela. A Aventura de Primitivo Marcos participa desta estrutura in itinere co seu interesante guión e cos preciosos debuxos que a caracterizan, co atrevemento de mesturar lenda con tradición, historia con poesía debuxada”.
Francisco Singul, sobre “Aventura no Camiño de Santiago”.