Maribel Cabana Insua naceu en Vilalba (Lugo). Posúe os títulos de Licenciada en Xeografía e Historia e de Maxisterio. Exerce a docencia en Lugo, Cangas de Narcea (Asturias), e, finalmente, dende os anos oitenta, en Ferrol, onde reside na actualidade. Simultanea os seus estudios co debuxo...
Engroba, Luis
General
Luis Engroba naceu en Pastoriza (Lugo) en 1964.
De moi novo trasládase definitivamente á capital, onde vive na actualidade.
Empeza a toma-la fotografía en serio sobre o ano 1987, cando compra a súa primeira cámara reflex e empeza a positivar as súas propias fotografías en branco e negro, nun improvisado laboratorio na trasteiro da casa.
Máis adiante entra a formar parte do grupo fotográfico Fonmiñá, onde coñece a outros fotógrafos da cidade e cambia impresións e coñecementos.
A súa obra participou en múltiples exposicións, colaborado en distintas publicacións e tamén ten recibido diversos premios.
O tema que sobresae principalmente nos seus traballos é a paisaxe artística en tódalas súas modalidades (naturaleza, urbano, xentes, viaxes, etc…), onde o autor mostra a súa particular forma de ver e entende-la fotografía.
As escenas que máis lle atraen suelen ser moi simples, con moi poucos elementos, onde a cor e a composición son a súa principal forza expresiva.












