Daniel Alonso naceu en A Guardia (Pontevedra) no ano 1978.
FORMACIÓN
1995. Curso de canteiría na Casa de Oficios de A Guarda (Pontevedra) 1996-97. Prácticas de Canteiría, Proxecto “Escola Taller”, na Escola Taller Manuel B. Portela en A Guarda (...
Purriños, Yoli
General

Yolanda Purriños Souto naceu o 24 de outubro de 1974 en Vilalba (Lugo)
CURRÍCULUM
Filla de fotógrafos, con once anos comezou a asistir a seminarios e congresos con seu pai.
En 1992 realizou a súa primeira exposición, seguida de moitas outras en diferentes puntos de España.
En 1996 graduouse como técnico especialista en Fotografía na Escola de Artes “Mestre Mateo”. Ademais, asistiu a diferentes cursos de estilismo e maquillaxe, especializándose en fotografía de retrato, moda, e publicidade.
Imparte diferentes talleres de iluminación na escola onde estudiou anteriormente. Deu a súa primeira conferencia de fotografía sobre moda e xente nova “Nuevas tendencias” en Valencia (Cullera, 2000), e a partir desta deu outras moitas, incluso no estranxeiro: Bilbao, Burgos, Granada, Portugal...
Hoxe en día realiza a súa actividade principalmente con seus pais e súa irma Inma no estudio que ten en Vilalba (Lugo). Ademáis, leva outro estudio fotográfico en Lugo na Avda. da Coruña.
PREMIOS
Ten sido galardoada con varios méritos e colección de honor pola FEPF.
2001. No ano obtivo a súa primeira nominación nos Premios Goya.
2003. Premio de Retrato en Navarra.
2002. Nomeada “fotógrafa distinguida”.
2003. Nomeada “mestra fotógrafa”.