Pasar al contenido principal

Brea Pasín, Arturo

General

Categorías: 
Escultura

Arturo Brea Pasín naceu en Santiago de Compostela o 28 de Maio de 1928.

CURRÍCULUM
Ós trece anos comezou a traballar como tallista con "Saavedra Hermanos" en Santiago de Compostela; estudia na Escola do Traballo co mestre Asorey; cursa solfeo e pinta ó óleo coa artista Elvira Santiso. Tres anos despois Arturo xa é Oficial de Segunda de talla ornamental en madeira. En Santiago é chamado o "rei do baixorrelevo". Entra en "Manufacturas Compostelanas", e ós dezasete anos é nomeado Oficial de Primeira.Ó mesmo tempo estudia Artes e Oficios.
1949. Marcha a Madrid para coñece-los importantes Museos da capital. Admira a Velázquez, Rivera, El Greco e Goya, a Juan Gris e Ruiz Picasso... En “El Casón” do Retiro coñece a a Antoñito López García, Juan Piñeiro de Vigo e Pepe Escudero de A Coruña, entre outros...
De volta en Galicia presenta as súas obras a tres concursos provinciais en Lugo, nos que levou tres primeiras medallas.
Evaristo de Cuena encargalle un vaso grande de boj co pe traballado con representacións de Rubens, co que recibe un 2º premio no Concurso Rexional de Belas Artes da Coruña. No ano cincuenta volve a Santiago de Compostela e presentase ó Concurso Rexional, tamén lle deron o segundo premio. Deixa os concursos porque tiña unha boa clientela e moitos encargos.
Instala o seu primeiro taller na Coruña, e adícase a desenvolve-lo arte da escola flamenca coas súas famosas “Taboas Estofadas”.
Ós vintecinco anos decide ampliar estudios en Madrid onde cultiva as súas amizades. Entra como profesor titular da Escola Maior de Arte. Ós dous anos deixa o profesorado e instala o seu taller en Madrid.
1957. Volta á Coruña, adicándose ós encargos e facendo algunha exposición. Traballa alternando o seu taller de Madrid co da Coruña.
1963. Noméano Académico de Número da Real Academia de Belas Artes, ocupando a praza do seu maestro Asorey. Toma posesión en Xuño do mesmo ano.
1975. Co gallo da súa instalación en París, pásano a Académico Correspondente, gardándolle a praza de Numerario...
1964. Vai vivir a París, o seu traballo segue ascendendo; esculturas en madeira, tallas en marfil e acibeche, tallas directas nas que sobresae con planos directos, captando a especial psicoloxía e a expresividade das xentes da súa terra. Destacan as súas esculturas en bronce. As súas exposicións eran visitadas por personaxes ilustres; a familia Thysen, Albert Joseph Bourbon, primo da súa Maxestade o Rei D. Xoan Carlos, mestres da Sorbona, como o catedrático Vilariño, políticos de Suresnes, como Gardo (Secretario do Partido Socialista Español) e persoas destacadas da Arte...
Abre unha nova etapa de búsqueda na abstracción e a figura entre os escultores máis grandes. En Bélxica crease un "clube de fans", que leva o seu nome. Os belgas propónenlle ocupar unha praza de profesor na "Escola Técnico Científica de Estudios sobre a Pintura Flamenca" de Bruselas. Non acepta, xa que prefire adicar o seu tempo ó seu Expresionismo Alemán. Posteriormente os seus fans belgas visitano no seu taller de Santiago.
1982. Expón en París, Bucarest, Düseldorfer (Alemania) e distintas capitais da Europa continental. En Alemania en Düseldorfer, vive oito anos con taller propio; estudia o expresionismo en profundidade.
1991. Volta á Coruña e reincorporase á Academia de Belas Artes como académico de Número. Traballa e observa a teoría das proporcións conxugando os cánones, teoría que xa tiña sido infinitamente valiosa ó pensamento do Renacemento. Dise del que esculpe as proporcións do corpo humano como unha encarnación visual da armonía musical.
1992. Promove a exposición "Espacio Internacional-Carballo 92" e anuncia o seu proxecto de crear unha escola fundición para broncistas en Carballo, onde se instala, para abandonar definitivamente as brumas de Centro-Europa despois de vinte anos de ausencia da súa terra natal. Ó pouco tempo péchase no seu taller de Santiago para poder traballar con tranquilidade. Volta ó seu taller da Coruña, onde reside actualmente. A vida do mestro Arturo Brea Pasín estivo e está ó servicio da Arte.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Círculo das Artes. Lugo
Asociación de Artistas. A Coruña
Liceo de Betanzos. Betanzos (A Coruña)
Galería Arte, A Coruña
Caixa Municipal de Aforros, Vigo
Galería Elisees Rond Poin, París
Campos Elíseos, París
Galerie G. Dünnebacke, Düsseldorf (Alemania)
Galería Creación, Saint-Honore (París)
Ratingen, Alemania
Galería Mallmann, Düsseldorf (Alemania)
Le Centre de Recherches Creer, París
Galería Nova Rúa Arte, Lugo
Galería Bucarest, Rumania
Antik Und Kunst, Düsseldorf (Alemania)
Biblioteca da Embaixada, París
Centro Galego, Madrid
Galería Backe, Düsseldorf (Alemania)
Expo Internacional - Carballo 92, Carballo (A Coruña)
Espacio Internacional - Carballo 92, Carballo (A Coruña)
Galería Arte e Imaxe, A Coruña
Galería José Lorenzo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Sala do Hércules Coruñés (A Coruña)

BIBLIOGRAFÍA
Lófficiel des Arts. Annuair International des Arts Plastiques. sous le haut patronage de la commission franÇaise pour L´Unesco. Tome 1. France
Batik Art- Publiart S.A. Sirga Editions S.L. New York
Dienstag. Bucarest. Rumanía
Kultur – Handbuch. Kreises Mettmann. Bildende Künstler. Auflage: April 1986
Gallegos 91. quién es quién en la Galicia de los 90. El Correo Gallego
Kindler Verlag Zürich. Kurt Fassmann
Editoriale Giovanni S.P.A. Vicenza. Italy 1986
Weltkunst. München. 15 November 1989
Gran Enciclopedia Gallega. Silverio Cañada, editor. 1974
Directorio de Académicos. Xunta de Galicia. Saf-Arte Galicia, Editores. 1966

Críticas

Crítica

Tradición y contemporaneidad...
Acaso sea la fascinante conjunción de tradición y vida.
Tradición es el punto de partida de Arturo Brea, discípulo de Asorey en Santiago de Compostela, colaborador del taller de Goud en Francia y estudioso de la escultura egipcia en el Louvre. Sus...

Galerías

Galería
  • Escultura