Pilar López Román naceu en Ponferrada.
Diplomada en Belas Artes. Foi discípula de grandes artistas como Lolita Díaz Valiño, Rafael Barros, Quintas Goyanes, Mariano García Patiño, etc... Dende nena estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, tendo recibido premios de Honra. No...
Ferrer, Ánxeles
General
Ánxeles Rodríguez Ferrer naceu o 2 de setembro de 1957 en Valdeorras (Ourense).
CURRÍCULUM
Estudiou o bacharelato no Barco de Valdeorras e posteriormente estudiou Ciencias da Educación. Desde pequena dedícase a debuxar e pintar e considérase autodidacta, excepto un ano de estudios na Escola de Artes Aplicadas “Mestre Mateo” de Santiago. Levou a cabo as seguintes exposicións: “Galicia Solidariedade” (colectiva de ilustradores galegos pola paz e a convivencia), “As cores do vento” (colectiva de ilustradores), “Cores para a xente miúda” (colectiva de ilustradores, Sargadelos, Ferrol), “Otros pinochos españoles” (colectiva de ilustradores, Círculo de Lectores), “Rosalía ilustrada” (colectiva de ilustradores, Casa da Matanza, Padrón), cartel para o seminario científico internacional sobre o desastre do Prestige (Consello da Cultura Galega, marzo 2003), o cartel é unha homenaxe ós voluntarios, debuxo da portada do libro Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige (A. Prada-Vázquez) e “A nosa literatura infantil e xuvenil” (2000).
OBRAS
É a autora e ilustradora dos seguintes contos: A aventura de Xanzolo (Xerais), Os Señores Meses (Xerais), Ola, son a lúa (Everest), O grilo Gastón (Everest) e A pequena árbore (Xerais). Ademais, ilustrou os seguintes contos: Oso mimoso (B. Graña), O Quirico lambón (B. Graña), Peter Pan nos xardíns de Kesington (J.M. Barrie), A campá da lúa (Helena Villar Janeiro), A casa de cartón (Concha Blanco), Que risa de rata (Ana M. Fernández), Carapuchiña vermella (Kalandraka) e Contos fantásticos II (Cabalo Buligán; Reigosa e Miranda). Ten feito libros de texto para Xerais, Edebé e Santillana-Obradoiro.
OUTROS DATOS
Foi seleccionada pola Consellería de Cultura para a Feira do Libro de Bolonia en 1997 e 2003 e preseleccionada para a lista de honra do IBBY polo seu conto Os Señores Meses. Foi ilustradora invitada na revista “Clij” en 1996 (nº 81) e participou en numerosos encontros en bibliotecas e colexios, dentro das campañas de lectura promovidas pola Consellería de Cultura. É socia de Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).












