Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mayor Balboa, José Luis

  • General
  • Críticas
  • Galerías

General

PINTOR DOS SOÑOS LEDOS...

O 30 de Xaneiro de 1971 ve a luz por primeira vez na Cidade das Murallas, Cidade que vai ter unha gran influencia na súa obra futura, xa que Mayor Balboa amaba e debecíase pola súa terra natal.

Xa dende moi pequeno as bolboretas andaban a bulir pola súa cabeza, polo seu corazón infante, pola súa imaxinación e amosaba unhas inquietudes especiais que xa deixaban entrever esa futura alma de artista.

Pintaba todo o que caía nas súas máns, dende un ovo, ata as paredes do cuarto, pinturas xa cunha forte pegada creativa. Dicíame a súa nai que cando pintaba os ovos non sabía o que facer con eles, se comelos ou deixalos así, porque daba moita mágoa rompelos.

Escomenzou os seus primeiros estudios no Colexio da Milagrosa e xa por aqueles tempos a monxa tiña que vixilalo, porque pintaba os pantalóns dos rapaces, os seus propios e o mobiliario da súa clase.

Foi logo ós Irmáns Maristas, Colexio no que pasou oito anos da súa vida e onde gaña o seu primeiro premio de carteis, que levaba por título “Maristas, cen anos en España”. Aquí coñece ó seu amigo da alma, Luis Tosar, e a outros moitos cos que compartía a súa forma de pensar e de ve-la vida.

Dos Maristas pasa ó Instituto Femenino, onde fai a súa primeira exposición individual, para acabar sendo delineante, profesión que compaxinaba perfectamente coa pintura e na que podía amosa-las súas dotes creativas.

No ano 89 coñece á que vai se-la súa muller, o motor principal da súa vida, xa que entre eles existía unha total comunicación, unha total simbiose.

Fai moitas exposicións ó longo da súa curta esixtencia e preséntase a varios certamenes pictóricos. Déixanos unha extensa obra cun marcado influxo picassiano e na que leva ó color a súa máxima expresión.

Mesturando o cómic e o realismo, lévanos Mayor Balboa a vivi-los recordos da súa nenez, a entende-la súa forma tan especial de ser, de vivir, de sentir...

Era un namorado do arte en tódalas súas expresións; non só pintaba, senón que tamén esculpía, e compoñía música para a súa guitarra e o seu clarinete. Estas dotes musicais levárono a formar parte de dúas Corais lucenses de gran renome: “Cantigas e Frores” e a “Coral do Hospital Xeral-Calde”.

Pois xa que desgraciadamente non podemos disfrutar da súa presencia física, invito a cadaún de vós a acercarvos ós seus cadros, a cada unha das súas obras, para logra-la perfecta común-unión ca alma de Mayor Balboa, de ese gran pintor, de ese gran artista, pero sobre todo de esa gran persoa.

Ó achegarse a cada unha das súas obras, elas mesmas encargaránse de trasmitirnos o que Xosé Luis Mayor quixo mostrarnos en cada unha das pinceladas que deu sobre esos lienzos.

As bágoas aparecen e baixan polas meixelas ó escribir sobre él, pero sei que dende aló onde se atope estará ledo e feliz ó saber que o coñecemos e que o recordamos como o PINTOR DOS SOÑOS LEDOS, como él quixo.

 


 

Mayor Balboa, pintor aferrado á súa terra lucense, intenta a través desta mostra ensinárno-lo seu mundo interior, eses recordos da nenez que expresa a través da mestura do cómic e o realismo, elementos desordenados e de moito colorido.

Galicia, terra que serve de inspiración a moitos artistas galegos e estran-xeiros, xurdindo obras que paga a pena contemplar, mozos que traen novas ideas a este mundo tan cheo de inquietudes que é o mundo da arte.

As obras de Mayor Balboa transmiten unha forte vitalidade creativa con predominio de formas e cores primarias.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

 

 


 

Membro da Asociación de Artistas Plásticos lucenses, na que participa en tódalas súas actividades socioculturais que se levan a cabo nesta vila nomeada recentemente cidade Patrimonio da Humanidade.

A temática destas obras é moi variada, semella un crebacabezas e predominan os fondos negros e os elementos reais ou fantásticos colocándoos de forma desordenada evitando a realidade, mestura o fantástico co real, amosándonos a través da súa obra o seu mundo interior.

Para Mayor Balboa, un dos elementos que figuran nos seus cadros é unha lámpada, que dá a enerxía precisa e que o caracteriza.

Este pintor lucense está mui influenciado polo seu contorno, o San Froilán, a muralla e outros recordos da infancia como son "Xigantes e cabezudos", "O moucho birollo" así como outras obras que poderemos ollar na exposición.

 

Homero José Mª Pérez Quintana

Director Xeral de Promoción Cultural

Críticas

Crítica

A función da arte está en desenvolve-la capacidade do sentir do humano e en facerlle coñece-la beleza; engrandece e profunda a vida. O artista trata de enriquecer e transforma-lo que o rodea. A estrañeza fai mira-las cousas con máis intensidade. Se a arte é fonte de riqueza que dignifica un...

  • Leer más

Galerías

Galería

    Directorio

    • Ensinanza (19)
    • Editoriales (97)
    • Museos (122)
    • Salas Exposición (127)
    • Artesanía (554)
      • cerámicas (108)
      • coiro (46)
      • gráficas (12)
      • metal (82)
      • pedra (40)
      • vidro (30)
      • instrumentos (22)
      • textil (68)
      • xoiería (39)
      • madeira (67)
      • varios (41)
    • Teatro (239)
      • maxia (22)
      • aficionados (126)
      • compañías profesionais (93)
    • Música (1179)
      • son e iluminación (22)
      • varios (168)
      • solistas, duos y trios (30)
      • orquestras y grupos (43)
      • música clásica (283)
      • grupos folk-rock-pop (154)
      • rondallas (39)
      • corais e orfeóns (296)
      • bandas de música (149)
    • Cultura Tradicional (319)
      • agrupacións de canto tradicional (56)
      • grupos de música popular (262)
    • Bibliotecas (813)
      • bibliotecas públicas (456)
      • bibliotecas especializadas (357)
    • Danza (308)
      • outras danzas (38)
      • danza tradicional galega (270)

    Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

    Aldeas Gallegas

    Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
    Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información