Alberto Geada é referente para a conservación e divulgación do calzado primitivo de madeira. Se falamos de cultura, arte e tradición achegámonos á maxia do calzado primitivo de madeira, non hai moitos anos a madeira era a principal materia. Aquí comezou a recuperación e posta en valor...
Fernandez Santos-Díez, Héctor
General

Héctor Fernández Santos-Díez naceu en Madrid en 1973.
Membro do colectivo de fotografía Ollo de Vidro desde o ano 1994.
Entre os premios recibidos destaca o Premio á Mellor Colección no Certame da Dirección Xeral de Xuventude no ano 2002, concurso no que xa acadara un accésit no ano 1999.
Os seus estudos na E.T.S de Arquitectura de A Coruña deviron na especialización coma fotógrafo nesta disciplina.
A sua obra podese ver en revistas coma Diseño Interior, Arquitectura Viva, Proyecto Contract, 20 Casas, Living Deco, Arquitectura y Diseño, Obradoiro…
Ou en libros coma:
“Arquitectura contemporánea en Galicia. Avance dunha continxencia”, publicado polo CGAC.
“Arquitecturas da Provincia de A Coruña. Tomo XIII”, publicado pola Diputación de A Coruña.
“Artistas Arquitectos Galegos. Da Modernida ó Século XXI”, da editorial Nova Galicia.
“Rehabilitación en Vivienda”, da editorial Pencil.
“Atlas of Interior Offices” editado por Loft Publications.
“Novas Imaxes da Arquitectura Docente en Galicia”, editado pola Consellería de Educación.
Catálogo dos III Premios Enor de Arquitectura.
“As Novas Casas Galegas”, editado pola Fundación Juana de Vega.
CONTACTO
e-mail: hector.fdez@santos-diez.com
Páxina web: www.santos-diez.com