Manuel Bonabal Barreiro naceu en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1961. FORMACIÓN Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo da súa cidade e complementou a súa formación no estudio de escultura do seu pai Manuel Barreiro Moratalla. 2005. Curso de gravado...
Corral, Eva
General
Nada en Barcelona no ano 1970, Eva Corral e filla da emigración a Cataluña, aínda que galega de sangue e de residencia (na actualidade reside en Santiago de Compostela). Afeccionouse ó debuxo e á pintura desde pequena. Xa moza, entrou en contacto co pintor chairego López Guntín, para familiciarse ó seu carón no manexo do pincel.
En 1998 participou por primeira vez nunha exposición, ó achegar tres obras á mostra colectiva promovida pola asociación cultural Xermolos de Guitiriz.
Posteriormente, en 1999, cedeu algunha das súas obras á organización non gobernamental Manos Unidas, para exhibilas na exposición colectiva que fixeron artistas plásticos de Lugo na sala do edificio multiúsos da Xunta de Galicia.
Nas súas obras, Eva Corral amosa unha temática moi variada, unha mestría pouco común na selección das cores naturais e arbitrarias, unha áxil pincelada, un intenso amor á natureza, unha rotunda denuncia do xenocidio, e, ademáis, outras moitas calidades, que as fan merecedoras dunha mirada atenta e vagarosa.












