César Quijada Márquez (Lugo, 1959 - 2013) iniciouse no mundo da fotografía por tradición familiar. Realizou os seus primeiros estudios en Madrid onde asistiu ós cursos organizados polo Laboratorio Difo. A tradición familiar levouno a dar os seus primeiros pasos profesionais da...
Peteiro Vázquez, Jorge
General
Jorge Peteiro Vázquez naceu en 1959 en A Coruña.
Realiza os seus estudos nos Jesuitas e recibe formación en cine, debuxo e pintura. Entre 1973 e 1977 participa en grupos de teatro independente, na creación dun dos primeiros fanzines da cidade e pinta os seus primeiros murais.
En 1977 ingresa en psicoloxía e empresariais, Universidade de Santiago de Compostela, onde se integra en diversos grupos de clara tendencia contracultural. Viaxa por museos e cidades de Italia, Francia e España, hasta radicar en 1979 na Escuoa de Belas Artes de San Carlos, Valencia, na que se licencia.
En 1981 é incluido na mostra 'Centenario Picasso', e expón en Valencia cos Colectivos 'Glop' e 'Tolerados y Cómplices'. Na súa primeira Exposición individual, 1984 na Sala Caixa Galicia, o crítico Fernando Mon afirma: "Peteiro está en posesión dunhas ideas moi claras sobre a dominación da paisaxe e, particularmente, sobre a esencialidade da luz".
Jorge Peteiro exerce como profesor de Instituto nas localidades galegas de Ortigueira, Ribeira, La Puebla, Cambados e Betanzos. Nestes anos de experimentación, asenta as súas bases teóricas e pictóricas. Á vez, expón e é incluido en mostras colectivas. En 1989 a súa pintura é considerada "singular e independiente en criterios estéticos" e "un novo valor da plástica galega". A súa obra 'Bahía de La Coruña' é adquirida pola 'I Mostra Unión Fenosa'. Peteiro finalizará este período de exploración abandonando a docencia, para trasladarse a Nova York onde reside, pinta, observa e expón.
En 1992 Peteiro instala o seu estudio na Coruña, a súa obra é recoñecida e contrastada pola boa acollida de crítica e galerías de arte en Galicia, Madrid, Mallorca, Nova York, Porto e Valencia; con máis de trinta exposicións individuais e importantes mostras colectivas.
As súas pinturas e esculturas podémolas atopar en Museos e Coleccións. Se ben é de reseñar, a grande afluencia de público e a adhesión do coleccionismo privado e institucional ás exposicións de Peteiro. Este acercamento non é casual, os críticos recoñecen que "a súa pintura incorporou novos conceptos no tratamento da cor e innovadores equilibrios de composición, coa capacidade de transmitir sensacións de alegría, paz, misterio e dinamismo".
En 1998 Peteiro presenta na 'Estación Marítima' da Coruña, 30 obras de grande formato, que se expoñen en Santiago e Madrid. Os críticos outorgan títulos como: "las formas de la alegría" en El País; "el valor de los ismos" en ABC"; "armas ingenuas" en La Voz de Galicia; "triunfa a imaxinación" en O Correo Galego; "innovador de la plástica gallega" en El Ideal Gallego; "irreductible calidad sintética" en El Cultural; "mágica e ilusionista" e "Peteiro, un nombre relevante en el panorama del arte actual" en El punto de las Artes.
Por encarga do Concello de Segovia, 1999, na Sala Municipal 'La Alhóndiga', Peteiro realiza unha nova exposición de grande formato, contando co respaldo da crítica e coleccionistas. Jesús Mazariegos escribe: "Este pintor con algo de mago chamán y algo de druida sanador, concibe el arte como un instrumento para curar la melancolía social de la tribu moderna". Neste ano expón na Coruña e Bilbao a súa obra serigráfica, realizada entre 1996 e 1999. En xulio de 2000, sendo Santiago de Compostela Capital da cultura Europea, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, organiza unha grande exposición na "Casa da Parra".
As súas últimas exposicións se desenvolven en distintas capitales do estado español; en salas institucionais como a Sala Bergara BBVA de Barcelona, na Sala de Cultura Yaiza de Lanzarote e no 2002 en "La Lonja" do Concello de Alicante. Está institución amosa, con cincuenta cadros, a primeira exposición retrospectiva deste pintor. Vinte anos de creación en distintas etapas con un denominador común.
Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega e Catedrático de Historia Contemporánea, prologa o catálogo da exposición de Alicante simplicidade, vitalidade e singularidade da traxectoria de Peteiro. Destaca, como a súa pintura é recoñecible de inmediato para o espectador galego e universal para calquera observador, polo valor do seu significado.
Tamén é destacable a presencia da obra de Peteiro en Subastas, como Durán de Madrid, en Galerías profesionais como Joan Maneu de Palma de Mallorca e nos numerosos encargos para institucións, obras de grande formato como a instalada no Hospital Juan Canalejo da Coruña ou a destinada a residencia oficial do Presidente da Xunta de Galicia. Algunha das súas obras, como a escultura que preside a entrada do Acuarium Finisterrae da Coruña, se convertiron en parte da iconografía da cidade.
Jorge Peteiro faleceu o 20 de febreiro de 2013.