Pasar al contenido principal

Domínguez, María Xosé

General

Categorías: 
Artesanía

 
María Xosé Domínguez Varela naceu o 5 de outubro de 1967 en Bembibre, Val do Dubra (A Coruña).
 
Artista multidisciplinar, licenciada en Historia da Arte, titulada superior, en Arquitectura de Interiores, fotógrafa, debuxante e deseñadora. Múltiples cursos de técnicas artísticas como gravado, policromía, restauración, etc...
 
Actualmente a súa actividade desenvólvese entre Santiago de Compostela (España) e Tánger (Marrocos).
 
Fundadora e Directora da Xestora Cultural Sabor A Menta. Dirección e creación do programa Cien Campanas, para Radio Voz, Santiago de Compostela (premiado). Comisariado de diferentes artistas de recoñecido prestixio. Monitora de pintura sobre cerámica, docente no campo Historia da Arte, Debuxo Artístico, Debuxo Técnico, Pintura e proxectos de Arquitectura de Interiores. Seleccionada en Foro presentación proxectos artísticos MARCA, Museo Arqueolóxico Cacabelos (Cacabelos, León, 2015).
 
Exposicións individuais que cabe destacar:
-O devir de Sherezade, xunto á súa filla Mery Pais. (Galería Apostrophe. Vigo, 2015)
-O froito prohibido, comisariado por Elena Bangueses (Auditorio Cangas, Galicia, 2014)
-El paraíso de Lilith (Instituto Cervantes, Tetuán e Tánger Marrocos, 2014)
-Intervención e exposición Mala fortuna (Espace 150 X 295, Martil, Marruecos, 2013)
-XQSirenas? (Citania, Santiago de Compostela, 2012)
-Pintura abstracta (Sabor a Menta, Santiago de Compostela, 2010)
-Obra abstracta 2006-2009 (Espazo Galyarte, Santiago de Compostela, 2010)
-Xeografía do pensamento (Sala de exposicións Sargadelos, Ourense, 2008)
-Territorio simbólico (Escola de Artes Mestre Mateo, Santiago de Compostela, 2006)
-Reflexións, intervención en Capela do Pilar (Corcubión, 2006);
- Paisaxes para a reflexión (Auditorio de Vilagarcía, 2006);
-Dos pueblos, dos generaciones (Sala de Exposiciones Las Tunas, Cuba, 1997).
 
Diversas exposicións colectivas como:
-Artista invitada en Olladas de muller. (Red Museística Lugo, 2015)
-Voila la femme (Ateneo Marín, Pontevedra, 2015)
-Do papel ao xesto (Feira industrias culturais, Pontevedra, 2014)
-Ahora nosotras (M.AR.CA. León 2014) 
-Creamos(nos)II (Sala Exposicións CENIMA, Lugo, 2013)
-Mujeres artistas implicadas contra la violencia de género (TI por la Igualdad, Teo, A coruña, 2013)
-CAMPUS STELAE (Routeiro de Creación, Galería Sabor a Menta, Santiago Compostela, 2010);
-Colección de outono (Galería Sabor a Menta, Santiago de Compostela, 2009)
-Salón Art Shopping (Carrousel du Louvre, París, 2008)
-Grandes artistas, pequeno formato, (Galyarte, Santiago de Compostela, 2008)
-Feria puro arte (Galyarte Vigo, 2008)
-XI Feira das artes plásticas, (Sala de exposicións RENFE, Vigo, 2004)
-IV exposición de arte xove, (Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de Compostela, 2003).
 
Residencia artística:
-Estudio aberto, (Sala de Exposicións Pazo San Marcos, Lugo, 2014).

Críticas

Crítica

TERRITORIO SIMBÓLICO
Existe na obra de Maria José Domínguez “un territorio simbólico” onde todo esta en relación. Determinados símbolos parten da grafía universal, e outros, pola contra, son novos.
A intención da artista e facer tanxibles ideas e emocions, para amosar as súas...

Galerías

Galería
  • Artesanía
  • Escultura
  • Esmalte
  • Fotografía
  • Multimedia
  • Pintura

G
  • Fotografía