Ricardo Segundo López Méndez naceu en Lugo en xullo de 1948.
Profesor de Lingua Española no Centro E.P.A. e no Instituto Gregorio Fernández de Sarria (Lugo).
Profesor Especialista en Pedagoxía Terapéutica.
Técnico diplomado en Artes Aplicadas e Oficios...
Paz, Marcos
General
Marcos Paz-Navas naceu en Vigo en 1975.
FORMACIÓN
Debuxante e ceramista, formouse como Deseñador Gráfico na Escola Pablo Picasso de A Coruña (1999).
OBRA
Ten ás súas costas unha dilatada experiencia en diferentes facetas, dende ter ilustrado libros, modelado de figuras para animación, colaboracións en revistas de cómic como BDbanda e asistencia a diversas ferias, tanto de cómic como de artesanía, hasta ter traballado como Deseñador Gráfico.
Mención aparte merecen as tiras cómicas en xornais como:
2000. “La Voz de Galicia”, Xatentendo.
2001. “La Opinión de A Coruña” (tira cómica diaria).
Actualmente compaxina as colaboracións en revistas do sector coa creación e ilustración de contos infantís para Edigrama, colaborando nas revistas francesas “Pikichou”, “Mots Cachés pour Enfants” e “Mes premiers Jeoux”; e coa elaboración de pezas de cerámica no seu estudio-taller.











