Pasar al contenido principal

Cupeiro, Adrián

General

Categorías: 
Ilustración

Adrián Cupeiro Figueroa naceu en Lugo o 11 de xullo de 1984.

FORMACIÓN
2008-2010. Técnico en imaxe dixital. Escola Taller “Memoria da Cidade”, Lugo.
2005-2008. Técnico Superior en ilustración. Escola de Arte Superior e Deseño “Pablo Picasso”, A Coruña.
2002-2005. Técnico en serigrafía, gravado e técnicas de estampación. Escola de Arte “Ramón Falcón”, Lugo.

EXPERIENCIA PROFESIONAL
2009-2010. Técnico en imaxe dixital. Concello de Lugo. Dixitalización do patrimonio documental do fondo do arquivo municipal de Lugo con escáners de alta calidade e cámaras fotográficas ademáis do seu posterior axuste e retoque dixital de: libros de actas do século XVIII, XIX e XX, planos, textos, expedientes, fotografías (colección Delgado Guisasola), diapositivas, cristais e selos.
2008. Encuadernacións e Servizos Auxiliares ENSA. Begonte, Lugo. Manexo da máquina de encolar e colocar as tapas dos libros e do seu posterior recorte e embalaxe.
2008. Imprenta América, A Coruña. Deseño e Maquetación de tarxetas de visita, invitacións de voda, trípticos e dípticos, folletos informativos, octaviñas, selos e pegatinas.
2007. El Progreso. Lugo. Peón de Artes Gráficas; encartes de publicidade e carga da mercancía.
2005. Serigrafía Escudero. Santiago de Compostela. Emulsión de planchas, deseño de fotolitos, impresión sobre todo tipo de materiais: textiles, madeira, azulexos, cristais e material de oficina.
2003. Serigrafía Publiser. Lugo. Impresión textil.

Deseño de 10 ilustracións de carácter cómico para “Xuventudes Socialistas de Lugo” co gallo da celebración das eleccións autonómicas de Galicia.

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA
2009. Curso de capacitación para o desempeño de funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais. Sociedade de Prevención FREMAP. Lugo.
2007. Curso de Peón de Artes Gráficas. Empresa de Traballo Temporal Flexiplan. Lugo.
2005. Curso de Encadernación artesanal na Escola de Arte Ramón Falcón. Lugo.

CONTACTO
E-mail: adrian_cupeiro@hotmail.com
Tfno.: 639783645 - 982253285

Galerías

Galería
  • Ilustración