Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Becada pola School of Drawing and Painting, Heriot Watt University (Edimburgo).
Finaliza os Estudos de doutorado pola Universidade Complutense de Madrid. Tema de investigación: “Ediciones ilustradas del...
Villarino, Xulio
General

Xulio Villarino nace o 21 de xullo de 1969 en Fazouro, Foz (Lugo), e reside dende hai sete anos no Porto de Bares, Mañón (A Coruña).
Diplomado pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Lugo. A súa formación fotográfica é autodidacta. Iníciase na fotografía ós 16 años, e en 1993 comeza a súa carreira como fotoperiodista en "La Voz de Galicia", diario no que traballou, nas edicións da Mariña (Lugo) e Vigo, ata o año 2001 en que decide adicarse ó fotoperiodismo de xeito independente. Na actualidade as súas reportaxes de producción propia son distribuidos pola "Agencia Contacto" de Madrid ó tempo que é colaborador de medios como El País Semanal, Geo o El Semanal.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
'Ritmos Sacros' na Sala COAG da Coruña en 1997. - 'El Éxodo Kosovar' na Sala Expovoz de Vigo en 2000. - 'Crónicas Mestizas' na Fundación Penzol de Vigo en 2000. - 'La Felicidad de la Nada' na Casa de Galicia en Madrid en 2000, itinerante por Galicia nas salas de Caixa Galicia en 2001 e no Museo do Bierzo 2002. - 'Crónicas Viajeras', antoloxía de viaxes, na Casa das Artes de Vigo en 2001. - 'Mundo Celta', no claustro do concello de Ortigueira en 2002.
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
'Galicia en Foco', do Clube de Prensa de Ferrol nas edicións de 1993 a 2003 itinerante por Galicia. - 'Terras Esgazadas' na IX Fotobienal de fotografía, Vigo 2000 - 'Chapapote' organizada polo Aquarium Finisterrae da Coruña na que participan fotoperiodistas de toda España. 2003 - 'Los nuevos Españoles' no Círculo de Bellas Artes de Madrid, xunto a Isabel Muñoz, García Alix, Miguel Trillo e Kim Manresa. 2003. - 'Fotoperiodismo Lucense' na Fundación Caixa Galicia de Lugo en 2004. - 'Marea Negra' en Barcelona e Oslo (Noruega), traballo distinguido co Premio Fuji Europress Noticias, 2003.
PREMIOS
Premio Luis Ksado de Creación Fotográfica, 1998, pola súa serie sobre a publicidade en espacios urbanos. - Fuji Europress Photo Awards ó mellor fotoperiodista español e mención de honra concedida na fase europea en Grecia, 1999 polo éxodo en Kosovo. - Premio Injuve (Instituto de la Juventud) en Madrid, finalista, 1999 pola serie Anna, unha viaxe portuguesa. - Premio Liga Profesional de Fútbol, Madrid, 1999, polo seu traballo sobre o Celta de Vigo. - Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, Ourense, 1999,ó seu traballo xornalístico nese ano. - Premio Ortega y Gasset concedido polo xornal El País, Madrid, 2000 polas súas reportaxes sobre Kosovo. - Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, Madrid, accésit en 2000 polo éxodo en Kosovo e accésit en 2001 por Terremotos en Turquía. - Premio Fuji Europress categoría Viajes 2002 polo seu traballo Hambruna en Guatemala. - Premio Fuji Europress categoría Noticias 2003 pola súa serie Marea Negra.
OUTRAS ACTIVIDADES
2000. Imparte a conferencia Enviado Especial nos cursos de Veran da Universidade Pontificia de Salamanca.
2002. Exhibe as series 'Vares', 'La Memoria del Océano' e 'Kosovo' no Festival de Zahara de la Sierra (Cádiz).
2002. Proxecta o traballo 'Hambruna en Guatemala' no Festival Internacional de Fotoperiodismo Ciudad de Gijón na Semana Negra de Gijón.
2002. A partir de xaneiro de 2002 pon en marcha a súa páxina web.
2003. Exhibición do documental 'Marea Negra' nas noites de Photoespaña e no Festival Proyecta'03 en Madrid, Barcelona, Sevilla, Castellón...
2003. Proxecta no Festival Visa pour L’Image de Perpignan (Francia) o traballo 'La Marea Negra del Prestige'.
2003. Publica 'Diario', unha iniciativa nova que funciona como unha ventana diaria á súa vida a través da páxina web www.xuliovillarino.com, que actualiza diariamente.
2004. Proxecta 'Mi Diario' no Festival Proyecta'04 en Madrid.
2003-2004. Dirige o festival Noites de Luz, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, que trimestralmente proxecta traballos de autores das novas vanguardias da fotografía española. Viveiro (Lugo).
2003-2004. Imparte distintos talleres e conferencias sobre fotografía dixital en Ourense e Viveiro (Lugo).