Castro, Ramón
General
Ramón Castro López naceu o 5 de abril de 1941.
CURRÍCULUM
De formación fundamentalmente autodidacta (ainda que baixo a influencia dos pintores A. L. Cancio e W. Kappler), pasa a súa xuventude en compaña doutro pintor sarriano, "Rodín" (Manuel Rodríguez Díaz), co que comparte experiencias. Ós 48 anos abandona o seu traballo na banca para adicarse por completo á pintura con carácter profesional. Entrou en contacto con galerías de arte e marchantes de Madrid e Barcelona -ocasionalmente de París e Bruselas-, a través dos que canaliza a meirande parte da súa producción.
EXPOSICIÓNS
Entre as súas exposicións individuais máis recentes destacan as celebradas na Sala "Almirante" de Lugo (1996 e 2001), e no colexio "Marqués de Casariego" (Tapia, Asturias, 1996). Das exposicións colectivas que realizou destacan: Asociación de Artistas Plásticos de Lugo (1998 e 2002); Amnistía Internacional (Lugo, 1997) e Sala do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia (Lugo, 1999).