Pilar López Román naceu en Ponferrada.
Diplomada en Belas Artes. Foi discípula de grandes artistas como Lolita Díaz Valiño, Rafael Barros, Quintas Goyanes, Mariano García Patiño, etc... Dende nena estudiou debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, tendo recibido premios de Honra. No...
Barreiro, Jorge
General
Jorge Barreiro naceu en Baiona la Real (Pontevedra) en 1958.
Como fotógrafo nunca creu no currículum, e de feito houbo un tempo en que se negaba a dicir del, máis alá do seu quefacer profesional nos distintos campos da fotografía. Sempre opinou que o currículum dun fotógrafo son as súas imaxes, no momento que as ensina e elas falan de xeito directo ó espectador máis alá do que ninguén diga, máis alá do que no pasado fixera.
Internet, hoxendía, presta ós fotógrafos e artistas en xeral un escaparate inmenso no que amosar as súas fotos tanto dende o punto de vista profesional como na súa faceta máis íntima de creador, xa sexa a xeito de páxina web www.jorgebarreiro.es xa a xeito de blog http://jorgebarreiro-fotografo.blogspot.com .
Criouse básicamente en A Coruña dende os 7-8 anos. Empezou na fotografía como aficionado hacia 1980 e como profesional en 1992 na Expo 92 de Sevilla.
Na actualidade reside en Fonteculler (A Coruña) e desenvolve o seu traballo básicamente en cine (foto fixa) en publicidade e reportaxe social. É membro do colectivo Ollo de Vidro, membro de ATEGA e académico na Academia Galega do Audiovisual.












