Oscar López Alba naceu no ano 1974 en Lugo. Arquitecto pola ETSA da Coruña (2001), especialidade de urbanismo. Desde 2002 posúe o seu propio estudio profesional. Desde 2004 dirixe a Oficina de Rehabilitación do Concello de Sarria en Lugo. Correspondente para Galicia da revista nacional “...
Valdi
General

Xosé Val Díaz (Valdi), naceu o 18 de abril do 1947, en Montecubeiro concello de Castroverde (Lugo). Afincado en Sada desde o ano 2002.
CURRÍCULUM
Iníciase na escultura de forma autodidacta influenciado pola obra de Suso de Marcos, escultor nado en Boimorto e aficado en Málaga.
EXPOSICIÓNS e TALLERES
2001-2004. Participación con exposición e taller de talla nas “Romarías do Lecer”, organizadas pola Asociación Xacarandaina e celebradas anualmente no parque de Santa Margarita (A Coruña).
2001. Exposición de escultura na Escola-Museo de Pardiñas, dentro do “XXII Festival de Pardiñas” organizado pola Asociación Cultural Xermolos. Pardiñas, Guitiriz (Lugo).
2001 en diante. Participación con exposición e taller de talla na “VIII Mostra de Artesanía e Instrumentos”, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos dentro do Festival de Pardiñas.
2002. Exposición de escultura no Concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña).
2003. Exposición de escultura no local da Asociación de Mulleres Rurais de Teixeiro (A Coruña).
2004. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada (A Coruña).
2005. Exposición de escultura no Colexio Armando Cotarelo Valledor, Boimorto (A Coruña).
Participación con taller de talla en madeira en varias edicións da “Mostra de Artesanía no Camiño” celebradas no concello de Arzúa (A Coruña).
2007. Exposición de escultura e coloquio cos alumnos do C.E.P. Tarrío, Culleredo (A Coruña).
2008. Exposición de escultura na Casa da Cultura Pintor Llorens, Sada (A Coruña).
OBRAS
Amigo/ Pecio/ Carcabeiro/ Baixo relevo do cartel 1º Festival de Gaites da Vila de Candás (Asturies)/ Deportista/ Dona/ Escudo da Banda de Gaites de Candás (Asturies)/ Galegas/ Lar/ Mestre/ O Laranxo (Reprodución da pintura de Laxeiro)/ Rapa das Bestas/ Retrato 1/ Retrato 2/ Retrato Mixto/ Rompeolas/ Ruanda/ Sarita/ Sumo Pracer/ Tecedora/ Trisquel en Madeira/ Trisquel en Pedra/ Xermolo da Gaita/ A Morte de Man/ Serpe en Do/ Xermolo da Vida/ Manuel Maria Poeta Chairego/ Enfite/ Monolito na Honra dos Represaliados no 1936 en Sada (A Coruña)/ Monolito na Honra de Camilo Diáz Valiño e Sixto Aguirre Guarín.