Xedes Peón naceu en Lugo no ano 1960.
FORMACIÓN
Realiza estudios de Maxisterio e despois de diplomarse asiste a un curso monográfico no ano 1983, de pintura, na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Anos...
Abraldes
General
Juan Carlos Abraldes Rendo naceu en Barcelona en 1971.
FORMACIÓN
Diplomado en Artes Aplicadas pola Escola de Artes Mestre Mateo (Santiago de Compostela).
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Traballou en diversos eidos artísticos ate que se estableceu como colaborador habitual de "La Voz de Galicia", participando ademais en proxectos como "Xatentendo.com", "Golfiño" (segunda etapa) e "H2Oil". Foi cofundador do Estudio Tangaraño con Fran Bueno e outros artistas e tamén é coñecido como caricaturista. Ten debuxado para libros de texto e para publicacións como "Tempos", "Azul y Blanco" ou "Compostelán". Traballou en produccións de animación como "O bosque animado" e "O rei Quintín".
PREMIOS
Premio Ourense ó mellor autor afeccionado 1998 da Casa da Xuventude de Ourense por "España vai...". Como caricaturista foi premiado na II e V Bienal da Caricatura de Ourense. Como autor de cómic gañou o 3º premio do XII Concurso Galego de BD coa historia "Película en branco e negro". Tamén foi galardoado no Concurso de Cómic Juventud 98, no certame de humor gráfico da Casa do Humor de Fene e no I Certame galego de Imaxe Artística (2º premio da categoría de 22 a 30 anos).