Pasar al contenido principal

Rey Rodriguez, Fernando

General

Categorías: 
Fotografía

Fernando Rey naceu o 30-5-1968 en Ponferrada (León).

Está casado en Lugo cunha vilalbesa e descendente do Corgo (Lugo), por parte de pai; afincado na capital lucense dende hai vinte anos.

Con inquedanzas en diversos aspectos artísticos, destaca a súa afección pola música -intérprete autodidacta de piano, guitarra e flauta- e a fotografía. Entende esta como a posibilidade de reflectir os sentimientos das persoas.

Posuiu a súa primeira cámara ós oito anos, despois de ter obtido ampla experiencia utilizando a do seu pai. Co tempo, o seu amor pola fotografía desplazou ó resto das actividades, incluso os estudos regulados que consideraba un obstáculo para a súa vivencia total do mundo da imaxe. A súa dedicación actual á fotografía é absoluta, se ben renega de diversas tarefas inherentes á súa profesión, como o puro carácter comercial, o funcionamento diario dos seus establecementos e todo tipo de trámites administrativos, que non lle permiten dedicarse en exclusiva á creación.

No aspecto comercial, non é só o cliente quen o elixe a él, senón que él tamén elixe ó cliente, despois de conversar con él, de coñecelo, para que as súas fotografías non teñan unha frialdade mecánica senón que sexan froito dun entendemento, dun coñecemento mútuo, teñan movemento e vida. O seu traballo convírtese así nunha historia gráfica que reflicte anacos de vida, de xeito que todo teña relación coa personalidade dos protagonistas. Se entre as dúas partes non se produce un axeitado “feeling”, o aspirante nunca chegará a ser cliente. Estes, non son considerados cuantitativamente senon cualitativamente, sendo tan importantes para o fotógrafo como as fotografías resultantes para os clientes. A fotografía para él non é un traballo; é un xeito de vida.

A súa obra céntrase especialmente na reportaxe social. E dentro desta, eventos, retratos, nús... Non efectúa exposicións, a pesares de numerosas peticións recibidas, nin participa en concursos. Do mesmo xeito que non quere xulgar os traballos artísticos de outros fotógrafos, non quere que ningún xurado o xulgue a el. Prefire someterse ó xuizo das persoas que con él teñen relación, que máis que clientes son amigos xurdidos dunha relación comercial, en solución de continuidade pois os clientes-amigos de hoxe son fillos dos seus clientes-amigos de onte.

Está permanentemente tentando innovar, procurando non ter influencia absolutamente de ninguén.

Como próxima iniciativa comercial e artística pretende crear un apartado de fotos de viaxes, itinerarios vitais, entendendo que a atención ó traballo dos afeccionados é tamén un xeito de viaxar; de entrar na intimidade do viaxeiro participando con él das súas riquísimas experiencias.

Galerías

Galería
  • Fotografía