CURRÍCULUM
Gonzalo Rodríguez Vilanova pintor lucense, autodidacta que dende moi neno estivo interesado polas artes creativas proba delo é que realizou diversas tallas en madeira e en pedra e innumerables debuxos que deixa realizados, ainda que non comezou a pintar ó óleo ata o ano 2003....
Purriños, Inma
General
Inmaculada Purriños Souto naceu o 7 de decembro de 1978 en Vilalba (Lugo)
CURRÍCULUM
Filla de fotógrafos, en 1998 realiza a súa primeira exposición en Santiago, seguida de moitas outras en distintos lugares de España. En 1999 gradúase como técnico especialista en Fotografía Artística na Escola de Artes “Mestre Mateo” en Santiago de Compostela.
En novembro de 2003, deu o seu primeiro relatorio de Fotografía en Granada.
Hoxe en día realiza a súa actividade cotiá no seu estudio situado en Vilalba, onde comparte traballo con súa irmá Yolanda e con seus pais. Teñen outro estudio en Lugo, na Avenida da Coruña.
PREMIOS
- Ten sido galardoada con varios méritos pola Federación de Fotógrafos Profesionais e obtivo varias obras con colección de honor.
- Premio Goya de Fotografía no apartado de Publicidade no ano 2003;
- Primeiro Premio da Comunidade Valenciana no apartado de libre creación no 2004.
- Nominada nos Premios de Navarra en febreiro de 2003.
- En decembro de 2004, Premio á mellor fotografía publicitaria organizado pola comunidade foral de Navarra.
- En outubro de 2006 recibe o Premio Internacional Principado de Asturias de Fotografía Profesional (IV edición).












