Margarita Albo López naceu o 29 de agosto de 1945 en Vivero (Lugo).
Actualmente reside na Coruña.
En 2003 por motivos de saúde, viuse obligada a abandonar a súa profesión. Ese mesmo ano comenzou a asistir a clase de debuxo e pintura, e así foi como descubriu...
Lodeiro, Darío
General
Darío Lodeiro Torres naceu o 4 de setembro de 1946 en Castroverde (Lugo).
Monfortino de adopción que ama sobor de todo a natureza na arte. Funcionario xubilado, adica o tempo libre á búsqueda de madeiras e raíces adecuadas para levar a cabo os seus proxectos artísticos. Pero esta non é a súa única afición, tamén a pintura, a restauración de mobles centenarios e os traballos en pedra ocupan boa parte do seu tempo. Ós doce anos xa adicaba o seu tempo de lecer á talla de figuras en madeiras autóctonas. A eles hai que engadir os paisanos e as figuras de barro que Darío modelaba polos muros e camiños do seu pobo ou os camións de cáscara de pino que facía coa súa navalla. Despois viñeron anos de transición, ata que finalmente, nos últimos tempos, este artista por vocación recuperar a súa actividade, entregándose a ela con renovadas e imaxinativas ideas que reflexa fielmente nas súas coleccións.
OBRA. A súa obra é unha mezcla de natureza morta que representa unha imaxinación viva. Os seus troncos milenarios amosan múltiples facetas e, en cada un deles pódense entresacar caras humanas, figuras alegóricas, animais, fantasías… Ás raíces hai que engadir os seus traballos en pedra, innumerables tallas en madeira, pinturas clásicas e abstractas ademáis dunha recoñecida colección de personaxes históricos coma os Condes de Lemos, un Miguel de Cervantes ou as personaxes do Quijote.
EXPOSICIÓNS. A súa obra foi exhibida en diversas ocasións: 2001. “Arte e Escultura Natural” Casa da Cultura de Monforte (Lugo). 2003. Escultura e Pintura, Casa da Cultura de Monforte. 2004. Exposición no Café Isaac Cultural de Ourense. 2005. Escultura e Pintura, Parador de Turismo de Monforte (Lugo) 2005. Exposición no Café Isaac Cultural de Ourense. 2005. Exposición homenaxe ós Condes de Lemos e ó Quijote, Casa da Cultura de Monforte (Lugo).
En 2011, foi pregoneiro da Feira de Mostras de Artesanía e Gastronomía.
CONTACTO E-mail: lodeirodario@gmail.com












