Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • 'O Camiño do Humor' de Luis Davila chega ao Museo do Mar (Vigo)
    O coñecido debuxante e humorista do morrazo, Luís Davila, O Bichero presentou no Museo do Mar a exposición O Camiño do Humor. A mostra ofrece unha escolma de 140 das súas máis destacadas viñetas. No acto, o autor deu boa conta do talento que atesoura realizando unha das súas célebres viñetas ante un auditorio que contemplaba a axilidade e mestría co que traballa o debuxante. Esta mostra poderá contemplarse no centro museístico de Alcabre até o vindeiro 12 de xaneiro no horario habitual de apertura pública.
  • A obra 'Galegas en Cuba' pon en valor e réndelle tributo ao papel da muller na emigración
    A publicación visibiliza a historia da asociación cubana Hijas de Galicia, xurdida en 1914 da necesidade de protexer a muller galega emigrada que chegou á illa e que congregou ata 58.000 socias no ano 1960. O autor, Julio César González, neto dunha filla de Galicia, testemuña a memoria dunhas mulleres e duns homes que construíron Galicia desde a emigración, unhas persoas que, así mesmo, forman parte da historia de Cuba e da súa capital, A Habana, polas diversas iniciativas e institucións sociosanitarias que promoveron.
  • Ofrenda floral con motivo do 20º cabodano do pasamento do escritor Antonio Fraguas
    Celebrouse no cemiterio de Boisaca a ofrenda floral con motivo do 20º cabodano do pasamento de Antonio Fraguas organizada polo Museo do Pobo Galego e a Asociación do Traxe Galego. O acto enmárcase na ampla programación que se desenvolveu ao longo do ano para divulgar e dar visibilidade ao Día das Letras Galegas dedicado a este autor. Fraguas foi membro do Seminario de Estudos Galegos e das Irmandades da Fala, así como director do Museo do Pobo Galego e Cronista Xeral de Galicia.
  • O simposio do ILG 2019 desenvolverase co lema 'Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional'
    Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. O Simposio ILG 2019 ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’ busca amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto ‘Patrimonio léxico da Gallaecia’, integrado no macroproxecto europeo GEOARPAD.
  • O Camiño Inglés e o tramo Fisterra-Muxía, promocionados na World Travel Market de Londres
    Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.
  • A asociación cultural 'Cántigas e Frores' concede o Premio Cántigas e Frores da Cultura a Xesús Mato e nomea Socio de Honra a Indalecio Fernández Groba
    Este domingo vai presentar o seu novo traballo discográfico ‘Cántigas e Frores 70 Anos’, un libro-cd con 15 pezas gravadas polos grupos da entidade: Cantareiros, Murga, Coro Galego, Grupo de Cantareiras e Banda de Gaitas e Percusión. Este audio ven acompañado dun libreto que recolle a historia en imaxes dende a fundación da entidade (1948) ata a gravación.
  • O Museo Gaiás reforza a súa seguridade con medidas especiais para acoller as obras mestras de 'Galicia, un relato no mundo'
    O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia reforza con tecnoloxía complementaria os seus sistemas de seguridade ante o valor dalgunhas obras de Galicia, un relato no mundo, a primeira exposición internacional do Xacobeo 21. A mostra, que se inaugura o vindeiro 14 de novembro, exhibirá pezas consideradas xoias do patrimonio universal, como o Mapa de Sawley, a Biblia Kennicott, os códices calixtinos do Vaticano e de Salamanca ou o Cancioneiro da Vaticana.
  • Selecciones 17 proxectos para a 13ª edición do pitching 'I+P Ideas para Producir'
    Os dezasete finalistas foron elixidos entre un centenar de proxectos recibidos e analizados polo Comité de Selección, que estivo composto por Sonia Méndez, directora, guionista e actriz; Susana Maceiras, produtora executiva de Adivina Producciones, e María José Arrojo, periodista, profesora e analista de formatos televisivos. Os traballos atópanse en distintas fases de desenvolvemento e inclúen longametraxes, documentais e series.
  • Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio 2019
    O catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xosé Manuel Núñez Seixas, acaba de ser recoñecido este martes co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio 2019, pola súa obra Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018. A obra galardoada aborda unha xenealoxía histórica dos diversos discursos nacionalistas españois na Idade contemporánea, sen esquecer os seus precedentes.
  • Reafirmación de Galeguidade no cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela)
    Ao ser o cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño, no concello lucense de Paradela, o único de Galicia que ten todas as súas lápidas en galego, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Paradela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, van celebrar o próximo trinta e un de outubro, nas vísperas das dúas festividades de “Todos os Santos e de Todos os Defuntos” un acto en Paradela de reafirmación do uso do idioma galego.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 73
  • 74
  • 75
  • 76
  • 77
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información