Notas
-
A feira de artesanía OFEITOAMAN, que se ven celebrando en Vigo dende 1985, celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe, dende mañán 18 de decembro ata o 5 de xaneiro. Este ano, a feira ten a satisfacción de contar ca participación de 21 expositores, entre os que se encontra o recente Premio Nacional de Artesanía, Elena Ferro. Tamén acude por primeira vez o obradoiro de ourivería “Ivindi” de Tomiño (Pontevedra).
-
Case duascentas actividades pecharán até fin de ano unha nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña que neste 2019 ofreceu case dúas mil actuacións nos concellos da Coruña. A Rede Cultural da Deputación da Coruña pechará o ano 2019 cunha ampla programación nos concellos da Coruña, especialmente intensa nas actividades destinadas ao tempo de lecer no Nadal. Até fin de ano programaranse a través do circuíto cultural un total de 173 actividades.
-
Obradoiros infantís e concertos encherán o Tinglado do Porto de Vigo no Nadal Solidario, que abrirá as súas portas o vindeiro 16 de decembro, co Nacemento da Catedral de Santiago e as ONGs como principal reclamo. Un proxecto co que se procura pór o foco de atención sobre os aspectos máis tradicionais do Nadal, nun espazo pensado para todos os públicos, coas familias como prioridade.
-
O premio Álvaro Cunqueiro celebra a vixésimo quinta edición aumentando a súa dotación ata 8.000 euros, 2.000 máis que nas súas convocatorias anteriores. Deste xeito, o que é o galardón literario máis lonxevo de todos os que se desenvolven no ámbito teatral galego convértese tamén nun dos que contan cunha maior achega económica. O obxectivo é servir de estímulo á creación literaria no eido dramático, e procurar o seu maior recoñecemento e proxección.
-
O certame ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editadas en Galicia e Portugal, así como achegar a cultura e a lingua de ambas partes, no marco das accións de desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía. De feito, a iniciativa ten moi boa acollida entre alumnado e profesorado e está a contribuír a fomentar o estudo do galego e o portugués, ao ter a motivación engadida da música e a poesía.
-
Son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento. Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos.
-
A xenial bailaora e coreógrafa Sara Baras é a aposta da programación cultural do Concello de Ourense para esta semana. O sábado, 7 de decembro, ás 21.00 h subirá ao escenario do Auditorio para presentar Sombras, o espectáculo co que vén de triunfar en cidades como Nova York, Londres, París ou Barcelona. A artista gaditana leva máis de 30 anos sobre os escenarios, acadando éxito tras éxito a nivel internacional e reunindo millóns de espectadores.
-
O discurso expositivo desta mostra, que representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos de Luís Seoane, está dividido en catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico. O primeiro deles está dedicado á muller galega, o segundo á natureza e á paisaxe, o terceiro á guerra e a denuncia social e o último céntrase nos mitos, tradicións e lendas con referencias a fantasías ou contos populares.
-
Afundación presenta 'Cataventos', un novo ciclo de concertos protagonizado por instrumentos de ventoAfundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).
-
O compositor chileno Álvaro Núñez Carballunca é o gañador do XIII Premio Andrés Gaos de composición musical, convocado pola Deputación da Coruña, coa súa obra "Vía". O xurado decidiu tamén nomear finalista a obra “Impresiones” presentada polo madrileño Mario Carro Gigosos. Da composición gañadora, da autoría de Álvaro Núñez Carballunca, o xurado destaca que "é unha obra de exquisita factura; unha proposta valente e moi contemporánea que introduce o mundo dos silencios".