Notas
-
A mostra itinerante ‘Deconstruír o franquismo’, impulsada polo grupo de investigación da USC Histagra e polo Observatorio Europeo de Memorias da Fundación Solidaridad da Universidade de Barcelona, chegou este xoves a Santiago para facer da cidade compostelá, un espazo de reflexión sobre a simboloxía da ditadura. A mostra atópase situada no Paseo Central da Alameda. A mostra preséntase en cinco etapas, dende a ‘Persistencia’ do franquismo ás ‘Ausencias’ de memoria.
-
Vida de cans, que a compañía subtitula como Alegoría canina en cinco ladridos escénicos, é unha comedia metafórica sobre o concepto de liberdade, na que se abordan cuestións humanas a través de tres personaxes caninos. Os tres atópanse encerrados nun amplo recinto que lles preparou o seu amo, pero que, a pesar de todas as comodidades, non deixa de ser unha reclusión que cada un afronta de xeito diferente segundo a súa personalidade.
-
'Vendo. Compro. Cambio' era a mensaxe coa que o neno Francisco Latorre Eced anunciaba un posto de compra-venda de cómics co que axudar á subsistencia da súa familia, represaliada nos anos da posguerra e refuxiada na cidade de orixe da súa nai, Huesca. Hoxe a mensaxe recupera actualidade como lema dunha exposición homónima da man da artista María X. Fernández que abriu as súas portas este luns 20 na Igrexa da Universidade.
-
Investigadores da USC acaban de descubrir que a contaminación ambiental leva afectando á vida das persoas durante máis de 2000 anos, tal e como pon de manifesto o estudo de esqueletos da época romana e medieval no noroeste da Península. “A minería e a metalurxia masivas deses séculos reflíctense á perfección nos ósos das persoas que viviron nese ambiente contaminado”, explica a directora da investigación, Olalla López Costas, que destaca a presenza de chumbo e mercurio nos esqueletos analizados na necrópole da Lanzada.
-
Galicia estará presente na 40ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, a través dun novo stand centrado no Xacobeo 21 que permitirá recrear o Camiño de Santiago mediante un percorrido sensorial inmersivo. O expositor da nosa Comunidade terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particularidades de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21.
-
A Rede Cultural estrutúrase en catro programas, tres deles para o sector profesional. "Escena ao vivo!", ao que se poderán presentar espectáculos ao vivo de teatro, música, monicreques, maxia,danza e circo; outro para proxeccións audiovisuais, "Visións"; e "Lingua a Escena!" que ten como obxectivo a promoción do galego a través da cultura. A estas tres modalidades súmase na convocatoria o programa "Alicerces", destinado á difusión de espectáculos de compañías e agrupacións non profesionais.
-
A iniciativa, organizada pola Biblioteca do Concello de Verín en colaboración coa Sociedade Antropolóxica Galega, ten como obxectivo ofrecer unha visión real sobre as personaxes que forman parte das obras deste xénero. Para conseguilo, contarán coa presenza de escritores e personaxes reais que aparecen en diversas obras. Así, o día 24 o comisario de policía Enrique León, que inspirou o personaxe do sarxento Castro na serie de televisión 'Fariña', ofrecerá unha conferencia baixo o título 'Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas'.
-
O autor israelita Yuval Noah Harari fíxose coa VI edición do Premio Bento Spinoza pola obra 'De animales a deuses. Breve historia da humanidade'. O ditame do xurado, conformado por alumnado dos IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago, Ramón Otero Pedrayo de Ourense, Ánxel Fole de Lugo, Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda e Antón Fraguas de Santiago, deuse a coñecer hoxe nunha rolda de prensa. O premio réndelle tributo ao filósofo neerlandés de orixe sefardí hispano-portugués.
-
O Museo Gaiás da Cidade da Cultura superou no Nadal as 23.000 visitas grazas á mostra 'Galicia, un relato no mundo' –primeira grande exposición internacional para o Xacobeo 21– e ás actividades para público familiar para estas datas, nas que se recreou unha vila máxica elaborada con globos biodegradables, dinamizada con obradoiros de balde e con dous grandes espectáculos: un circense-musical e outro con sete magos internacionais.
-
O vindeiro día 16 de xaneiro abrirase no Museo do Pobo Galego a exposición das dúas series gañadoras e as finalistas do XIV Premio Ksado de fotografía da Deputación da Coruña. A colección "Fillos de Breogán" do lugués Alejandro Real e "Gangborder" de Javier Arcenillas, gañadores do certame, poderanse ver en Santiago até o vindeiro 18 de febreiro nunha itinerancia que visitará dez concellos da Coruña.