Notas
-
A obra da artista galega Maruja Mallo exhíbese nunha mostra retrospectiva na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, en Madrid, onde foi inaugurada pola ministra de Cultura Ángeles González-Sinde. Amósanse un total de 142 pezas da considerada gran transgresora da xeración do 27.
-
O lucense Pablo Núñez González acada o XXXIV Premio de Xornalismo do Belén de Begonte polo traballo titulado: Begonte, Belén infinito, publicado en www.galiciadigital.com.
-
Nuria Díaz Bervide resultou gañadora da sétima edición do premio “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración, por acordo unánime do xurado, reunido hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense.
-
Un autobús, equipado para labores de dinamización cultural, percorrerá a xeografía galega desde Santiago ata Ribadeo, no que significará o primeiro acto da programación “variada, equilibrada e plural” do Ano do Libro e da Lectura.
-
O xurado outorgou o primeiro premio ao cadro “Casa Román”, da viguesa Fernanda Fernández, e sendos accésits a artistas de Ferrol e Narón.
-
O alumno do colexio Virxe do Corpiño, de Begonte, Saúl Simón López, gaña o primeiro premio na categoría de ata 10 anos.
-
Vense de fallar o XXXIV CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co patrocinio da Obra Social de Caixa Galicia.
-
Trátase dun conxunto de 65 fotografías en branco e negro que cronolóxicamente cobren o periodo comprendido entre 1900 e 1997 e que supoñen unha viaxe pola historia do traballo a través dos seus protagonistas.
-
A redacción da primeira convocatoria de axudas á creación do cómic galego elaborouse ao abeiro das esixencias da lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento, cumprindo todos os trámites.
-
A Fundación Caixa Galicia e Herrerías serán sede de dúas exposicións sobre a vida e obra de Torrente. Tamén se proxectará El rey pasmado e Los gozos y las sombras, no conxunto de actividades previstas que inclúen conferencias e teatro.