Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Tui acolle a mostra España Século XX: Escenas do traballo

A exposición é a Historia en imaxes de homes e mulleres que traballan nas fábricas, no campo, no mar, e mirando atentamente podemos observa-los avances na tecnoloxía, os cambios na relación entre as persoas e as máquinas e a tendencia ao predominio destas en detrimento das primeiras. Os rostros anónimos amosan os verdadeiros construtores da Historia e da súa evolución. A Exposición poderá ser visitada no anexo da sala municipal de exposicións da Biblioteca Municipal, rúa Colón nº 2, ata o mes de febreiro.

España século XX: escenas do traballo” é unha exposición fotográfica organizada pola Fundación 10 de Marzo, do sindicato Comisións Obreiras, que persegue dar a coñecer un aspecto da realidade como é o do traballo. Esta exposición chega a Tui coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui. A exposición consta dunha colección de 65 fotografías en branco e negro. Cronoloxicamente, cobren un período comprendido entre 1900 e 1997; é dicir, ilustran o século XX galego e español case na súa totalidade e a temática xeral é o traballo.

As fotografías organízanse en tres grupos: O primeiro grupo, Os “traballos tradicionais”, reúne imaxes dos traballos máis antigos como son a agricultura, a construción, a minería e o propio servizo doméstico. Un segundo grupo, en cambio, reúne fotografías do traballo nos talleres industriais, desde os comezos do século ata a actualidade. Este grupo de fotografías está reunido baixo o título de “o taller”. O terceiro grupo, “Mulleres e homes”, é un contrapeso do anterior. Desaparece a maquinaria da escena, e homes e mulleres regresan ó primeiro plano de maneira individual e colectivamente. Contén retratos de tipos populares e, polo tanto, anónimos.

Reflíctense igualmente aspectos do traballo como a propia emigración española, momentos como a entrada nos vestiarios, a hora do xantar no lugar de traballo e o tempo de lecer. Por fin, inclúense unha serie de actividades e ritos que forman parte da cultura do traballo, como a celebración de asembleas e manifestacións ou a folga.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición abrangue varios obxectivos de carácter cultural. Primeiro, ao dar a coñecer un aspecto da realidade cotiá, como é o traballo. Pero esta realidade amósase dende unha dobre perspectiva: o seu aspecto histórico e artístico, pois a fotografía é testemuña da vida pero tamén ábrese á creatividade. Por outra banda, esta mostra reflicte o traballo da Fundación 10 de marzo de divulgación dun valioso patrimonio documental e gráfico procedente de diversos arquivos sindicais, de empresa (como a Empresa Nacional Bazán de Ferrol) e de particulares.
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información