Notas
-
O Campus de Lugo da USC converterase este mes nun dos escenarios escollidos pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para celebrar o recente nomeamento de Juan Rof Codina, impulsor da Veterinaria en Galicia e en España, como ‘Científico Galego do ano 2022’. O relatrorio 'O primeiro influencer veterinario', a cargo do investigador da USC e doutor en Veterinaria Diego Conde, quen é especialista en Juan Rof Codina, abrirá os actos.
-
Desde 2018 e da man da Vicerreitoría do campus, Pontevedra é unha das 70 localidades de España inseridas na programación de Docs del Mes, un ciclo de cinema documental que, co inicio do novo curso, retoma a súa programación o vindeiro luns 19 na Casa das Campás con El secreto del doctor Grinberg.
-
O Concello de Paradela vai revitalizar tres tradicionais romarías do Concello, con motivo de celebrar o bicentenario da institución municipal. A primeira, é a da Pena Redonda, este domingo. E logo virán A das Dores, na capital do concello, o fin de semana próximo, e a de Castro de Rei de Lemos, nos primeiros días do mes de outubro. A ermida de Pena Redonda está situada no cumio do Monte de A Trapa, e desde ela divísanse terras de Portomarín, Taboada, O Páramo, Guntín e Taboada.
-
A vixésima primeira edición do Festival Titirideza de Lalín arrinca o 26 de agosto. O encontro de teatro de monicreques referente en Galicia programou este ano seis actuacións que se levarán a cabo nunha carpa situada na praza da Igrexa de Lalín ata o 28 de agosto. O día 26 a compañía Xarope Tulú dará comezo ao festival ás 17.30 horas co espectáculo ‘Roupa Tendida’, unha proposta na que conflúen a narración oral e a manipulación de obxectos e monicreques.
-
A música galega terá unha destacada presenza na 28ª edición de Womex, a Worldwide Music Expo, que se celebrará en Lisboa do 19 ao 23 de outubro. Sheila Patricia viaxará a Lisboa con Orixe, o seu primeiro LP e tamén o seu proxecto máis ambicioso e persoal, no que aposta polas súas raíces musicais con tinguras de vangarda e mesmo ritmos de world music, confirmándose como unha das voces máis prometedoras do actual panorama musical galego.
-
O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha 35ª edición de impacto. A programación do festival contou desde o mércores 10 de agosto ata o domingo 14 de agosto con 51 concertos que encheron durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Unha edición histórica, pola que pasaron en total máis de 187.000 persoas.
-
Baixo o lema 'memoria dos lugares, voz do tempo', esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro. O cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos.
-
O Feito a Man, a cita estival coa música ao vivo en Santiago de Compostela organizada pola AC Cidade Vella, chega á súa XIX edición coa volta á normalidade tras dous anos de restricións. Baixo o lema 'no calor das rúas', neste 2022 o festival amplía datas e programación con 31 actuacións, do 10 ao 27 de agosto, en prazas e terrazas da zona vella compostelá para encher de música en directo emprazamentos históricos desta cidade Patrimonio da Humanidade.
-
A mostra 'O Esplendor do Camiño. Oito séculos de Pratería e Acibeches en Compostela' constitúe unha aproximación á realidade destas dúas artesanías, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea, como da propia cidade de Santiago, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
-
O libro 'Lo que en la tuya me dices', un epistolario inédito editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e no que se recolle a correspondencia mantida durante trinta anos entre o poeta galego José Ángel Valente e o crítico asturiano Florentino Martino, acaba de saír do prelo.